Montbau
| Epónimo | Torrent de Montbau (en) | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Cataluña | |||
| Provincia | provincia de Barcelona | |||
| Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
| Comarca | Barcelonès | |||
| Concello | Barcelona | |||
| Distrito | Horta, Barcelona | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 5.114 (2021) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 204,7 ha | |||
Montbau é un barrio do distrito de Horta-Guinardó, na cidade de Barcelona. Atópase ao pé da serra de Collserola, por encima da Ronda de Dalt e o Paseo Vall d'Hebron. Crese que o nome do barrio provén dunha deformación da torre de Gombau.
En 1956 foi cando se empezou a urbanizar a zona, que sempre estivera pouco habitada, para acoller a inmigración que chegaba a Barcelona. O Padroado Municipal da Vivenda encargou o proxecto dunhas 1.300 vivendas seguindo a liña urbanística racionalista do CIAM; a segunda fase dobrou a densidade que se previu inicialmente.
Na parte oriental do barrio localízase o campus de Mundet, onde estaban os antigos Fogares Mundet, que constituían unha entidade de carácter benéfico e que dan nome ao campus. No campus atópanse as facultades de Psicoloxía e Pedagoxía da Universidade de Barcelona, unha residencia xeriátrica e centros escolares.
Tamén se atopa o Palau de les Heures, edificación novecentista e con aires de castelo francés que data de 1895 e que está rodeado de xardíns.
Na parte occidental localízase a cidade sanitaria da Seguridade Social, o Hospital Universitario Vall d'Hebron, o Hospital San Rafael e o CAP (centro de atención primaria) San Rafael, un conxunto dos maior e mellor dotados equipamentos de Cataluña e España.