MusicBrainz
| MusicBrainz | |
|---|---|
| Tipo | base de datos de música en liña, metadata registry e aplicación de catalogación social |
| Data de fundación | 17 de xullo de 2000 |
| Fundador(es) | Robert Kaye |
| País | Estados Unidos de América |
| Na rede | |
| https://musicbrainz.org/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto. MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc.[1] O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.[2]
Os rexistros fanse grazas ao traballo de editores voluntarios que seguen unhas normas de edición precisas. As obras rexistradas poden conter outra información como a data de gravación, país de orixe ou a duración das cancións. Os usuarios finais poden utilizar programas que se comunican con MusicBrainz para etiquetar os seus arquivos de son como MP3, Ogg Vorbis ou AAC.
Notas
- ↑ BBC (ed.). "MusicBrainz". Consultado o 30 de xaneiro de 2016.
- ↑ MusicBrainz (ed.). "Database Statistics". Consultado o 30 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)