Myspace
| Myspace | |
|---|---|
| Tipo | rede social, sitio web e comunidade en liña |
| Data de fundación | 2003 |
| Fundador(es) | Chris DeWolfe e Tom Anderson |
| País | Estados Unidos de América |
| Na rede | |
| https://myspace.com | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Myspace é un servizo de rede social virtual fundado nos Estados Unidos, que pon gratuitamente á disposición dos seus membros rexistrados un espazo web personalizado, que permite crear un blog, mostrar as súas composicións musicais e difundir información de tipo persoal, sobre gustos, afeccións etc.
O site posúe tamén un sistema de mensaxería que facilita a comunicación entre os seus membros. Unha das maiores achegas deste espazo é a posibilidade que dá de albergar numerosos sites de grupos musicais e dj's dos estilos musicais máis variados, procedentes de múltiples países. Myspace é empregado por moitos artistas para daren a coñecer a súa obra.
Fundado por Tom Anderson e Chris DeWolfe en agosto de 2003, Myspace foi comprado polo grupo de Rupert Murdoch, News Corp. en xullo de 2005.
Myspace non ofrece servizo en galego.