NOS
| NOS SGPS | |
|---|---|
| Tipo | Sociedade anónima |
| Fundación | 1994 (como PT Multimédia) 2007 (spin-off de Portugal Telecom) 2013 (fusión con Optimus Telecomunicações) 2014 (como NOS) |
| Localización | Lisboa, Portugal |
| Persoas clave | Miguel Almeida (CEO) |
| Industria | Telecomunicacións |
| Produtos | Teléfono, Internet, televisión, móbil |
| Na rede | |
| https://www.nos.pt/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
NOS (anteriormente denominada ZON OPTIMUS) é unha empresa de telecomunicacións e entretemento portuguesa. Foi creada en 2013 logo da fusión das dúas maiores compañías de comunicacións do país, ZON Multimédia e OPTIMUS Telecomunicações. Ofrece produtos de telefonía de fixo e móbil de última xeración, así como televisión, Internet, voz e datos para todos os segmentos de mercado (persoal, doméstico e empresarial).
É líder na televisión por subscrición, en servizos de triple play e na distribución e exhibición cinematográfica en Portugal, a través de NOS Audiovisuais e dos Cinemas NOS, respectivamente.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en portugués)