Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas
A nomenclatura das unidades territoriais estatísticas, coñecida como NUTS (polas siglas en francés, Nomenclature d'unités territoriales statistiques) é unha forma de clasificación territorial que se utiliza na Unión Europea con fins estatísticos.
Historia e características
Foron creadas pola Oficina Europea de Estatística (Eurostat) para dar uniformidade ás estatísticas rexionais europeas e son utilizadas, entre outras cousas, para a redistribución rexional dos fondos estruturais da UE.
Foron aprobadas, pola Lexislación Comunitaria, en 1988, pero non foi até o ano 2003 cando entraron plenamente en funcionamento no regulamento do Parlamento Europeo.
A nomenclatura NUTS ten unha estrutura xerárquica de tres niveis, dos que as rexións NUTS-1 representan a xerarquía maior, e dous niveis de unidades administrativas locais (en inglés LAU) que tamén se chaman NUTS niveis 4 e 5.
Criterios de clasificación
O establecemento das unidades territoriais baséase, en principio, nas unidades administrativas xa existentes en cada un dos Estados membros.
Por unidade territorial enténdese unha rexión xeográfica cunha autoridade administrativa establecida e con competencia institucional e legal no Estado en cuestión. Os niveis de NUTS nos que se divide unha unidade administrativa son dependentes dos límites de poboación que fixa a táboa seguinte:
| Nivel | Poboación máxima | Poboación mínima |
|---|---|---|
| NUTS 1 | 7.000.000 | 3.000.000 |
| NUTS 2 | 3.000.000 | 800.000 |
| NUTS 3 | 800.000 | 150.000 |
Os códigos NUTS comenzan coas dúas letras do código ISO 3166-1, excepto no Reino Unido que utiliza UK no canto de GB. Engádense unha, dúas ou tres cifras para os códigos NUTS de nivel 1, 2 ou 3, respectivamente.
Espérase que a medio prazo cada un dos Estados membros teñan adecuada a súa estrutura administrativa ao modelo proposto pola UE. Nalgúns casos, como o é España, os niveis de NUTS quedaron practicamente igual á organización político-administrativa existente, con tan só unha agrupación de Comunidades Autónomas no NUTS-1. Noutros casos, como en Portugal ou no Reino Unido, tivéronse que modificar profundamente as unidades territoriais clásicas para conformar un mapa máis funcional e equiparábel ao resto dos países membros.
Modelo de división europea por NUTS



| Estado | NUTS-1 | NUTS-2 | NUTS-3 | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| EU-27 | - | 97 | - | 271 | - | 1303 | |
| Alemaña | DE | Estados Federados | 16 | Rexións¹ | 41 | Distritos | 439 |
| Austria | AT | Grupos de estados* | 3 | Estados federados | 9 | Grupos de Distritos* | 35 |
| Bélxica | BE | Rexións | 3 | Provincias | 11 | Distritos | 43 |
| Bulgaria | BG | Rexións económicas | 2 | Rexións de planeamento | 6 | Provincias | 28 |
| República Checa | CZ | 1 | Grupos de Distritos* | 8 | Distritos | 14 | |
| Chipre | CY | 1 | 1 | 1 | |||
| Dinamarca | DK | 1 | 1 | Distritos | 15 | ||
| Eslovaquia | SK | 1 | Grupos de Distritos* | 4 | Distritos | 8 | |
| Eslovenia | SI | 1 | 1 | Rexións | 12 | ||
| España | ES | Grupo de Comunidades Autónomas* | 7 | Comunidades Autónomas | 17 | Provincias | 50 |
| Ceuta e Melilla | 2 | 2 | |||||
| Estonia | EE | 1 | 1 | Grupos de Distritos* | 5 | ||
| Finlandia | FI | Finlandia continental | 1 | Grandes áreas* | 4 | Rexións | 19 |
| Åland | 1 | 1 | 1 | ||||
| Francia | FR | Grupos de Rexións* | 8 | Rexións | 22 | Departamentos | 96 |
| Territorios de Ultramar | 1 | Departamentos de Ultramar | 4 | Departamentos de Ultramar | 4 | ||
| Grecia | GR | Rexións* | 4 | Periferias | 13 | Prefecturas | 51 |
| Hungría | HU | Grupos de Rexións* | 3 | Rexións² | 7 | Condados + Budapest | 20 |
| Irlanda | IE | 1 | Rexións* | 2 | Grupos de Condados* | 8 | |
| Italia | IT | Grupos de rexións* | 5 | Rexións | 20 | Provincias | 110 |
| Letonia | LV | 1 | 1 | Grupos de Distritos* | 6 | ||
| Lituania | LT | 1 | 1 | Distritos | 10 | ||
| Luxemburgo | LU | 1 | 1 | 1 | |||
| Malta | MT | 1 | 1 | Illas | 2 | ||
| Países Baixos | NL | Rexións* | 4 | Provincias | 12 | Grupos de municipios* | 40 |
| Polonia | PL | Grupos de Voivodatos* | 6 | Voivodatos | 16 | Grupos de Distritos* | 45 |
| Portugal | PT | Portugal Continental | 1 | Rexións | 5 | Grupos de Municipios* | 30 |
| Azores e Madeira | 2 | 2 | 2 | ||||
| Reino Unido | UK | Rexións de Inglaterra | 9 | Grupos de Condados* | 30 | Grupos de Distritos* | 93 |
| Gales | 1 | Rexións* | 2 | Grupos de condados* | 12 | ||
| Escocia | 1 | Rexións* | 4 | Grupos de Condados* | 23 | ||
| Irlanda do Norte | 1 | 1 | Grupos de Distritos* | 5 | |||
| Romanía | RO | Macrorrexións | 4 | Rexións | 8 | Condados + Bucarest | 42 |
| Suecia | SE | 1 | Rexións* | 8 | Provincias | 21 | |
| Candidatos | - | 15 | - | 31 | - | 112 | |
| Croacia | HR | 1 | Rexións | 3 | Condados | 21 | |
| Islandia | IS | 1 | 1 | 2 | |||
| Macedonia do Norte | MK | 1 | 1 | 8 | |||
| Turquía | TR | Rexións | 12 | Subrexións | 26 | Provincias | 81 |
| EFTA | - | 3 | - | 15 | - | 46 | |
| Liechtenstein | LI | 1 | 1 | 1 | |||
| Noruega | NO | 1 | Rexións | 7 | Condados | 19 | |
| Suíza | CH | 1 | Rexións | 7 | Cantóns | 26 | |
(*) Unidade que non corresponde con ningunha división oficial actual no país en cuestión, pero que se acepta con fins estatísticos.
(¹) NUTS-2 en Alemaña = 41 unidades
- 22 Distritos administrativos (Regierungsbezirke) en 5 Estados federados: Baviera, Baden-Württemberg, Hesse, Renania do Norte-Westfalia e Saxonia
- 10 Distritos administrativos noutros 3 Estados federados: Baixa Saxonia, Renania-Palatinado e Saxonia-Anhalt.
- 2 en Brandeburgo (rexión occidental e oriental), sen efecto administrativo ningún.
- 7 Estados federados restantes.
(²) Desde 1999 aprobadas polo goberno húngaro para axustarse aos criterios europeos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- mapa - mapa de Portugal cos NUTS III (en portugués)
- Regulamento (CE) nº 105/2007 da Comisión, de 1 de febreiro de 2007 - NUTS na Unión Europea Arquivado 03 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en portugués)