Neleo
| Biografía | |
|---|---|
| Rei de Pilos | |
| | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Clóris |
| Fillos | Néstor, Eurybius, Eurymenes, Taurus, Epilaus, Pylaon, Phrasius, Evagoras, Chromius, Pero, Asterius, Alastor, Deimachus, Periclímeno (fillo de Neleo), Phrygius |
| Pais | Poseidón Hippocoon Creteo |
| Irmáns | Pelias |
| Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Na mitoloxía grega Neleo é fillo de Poseidón e Tiro e irmán de Pelias. É fundador de Pilos, en Mesenia. Morreu a mans de Heracles, xunto aos seus fillos por unha afronta que inflinxira ao heroe. Dos doce fillos que tiña só se salvou Néstor, o ancián caudillo que aparece entre os gregos sitiadores de Troia.
Segundo Heródoto, os Pisistrátidas (Πεισιστρατίδας), os tiranos que gobernaron Atenas de 561 - 510 a. C., eran orixinarios de Pilos e pretendían ser descedentes de Neleo. Tamén conta Heródoto que Pisístrato, o tirano de Atenas, foi chamado así polo seu pai Hipócrates na honra do Pisístrato fillo de Néstor.