Neox
| Neox | |
|---|---|
| Inicio das emisións | 30 de novembro de 2005 |
| Propiedade de | Atresmedia Televisión |
| Formato da imaxe | 1080i HDTV |
| Datos de audiencia | 1,7% (Xuño de 2021, Kantar Media) |
| Slogan | Are you ready for Neox? |
| País | |
| Lingua | Castelán |
| Área de emisión | Escala nacional |
| Sede central | San Sebastián de los Reyes |
| Nome(s) anterior(es) | Antena.neox (2005-2009) Neox 8 (2009-2010) |
| Canle/s irmá(s) | Antena 3 laSexta Nova Mega Antena 3 HD laSexta HD |
| Dispoñibilidade | |
| Terrestre | |
| TDT | 69 |
| Satélite | |
| Andalusat | Dial 23 |
| Cable | |
| R | Dial 32 |
| IPTV | |
| Imagenio | Dial 33 |
Na rede
| |
| Páxina web de Neox | |
Neox, antes coñecida como Antena.Neox e Neox8, é unha canle de televisión privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel comezou as súas emisións o 30 de novembro de 2005.
Historia e características
A programación está orientada ao público adolescente (12 - 20 anos) e xuvenil (21 - 25 anos). Nun principio, a canle dirixíase tamén ao público infantil, con series de animación modernas e clásicas como Heidi, Marco e A Pantera Rosa.
Emite series, cinema e programas xuvenís de entretemento. Os seus programas máis exitosos son The Simpsons e Aquí no hay quien viva.
En xaneiro de 2008 non só se situou como a canle máis vista de TDT, senón tamén do conxunto temáticas[1].
Ademais, Antena 3 Internacional emite un bloque de programación de Antena.Neox para toda América Latina, de 5 horas de duración (02:00 a 07:00 hora central mexicana) con programas de produción propia como VU87, Zapineox, DXT.Neox, Interneox, Como el perro y el gato, Guasanga e Pelopicopata ademais de dúas series históricas de Antena 3 como Farmacia de Guardia e Nada es para siempre.
Notas
- ↑ "Antena.Neox alcanza por primera vez el liderazgo de los canales temáticos y gana de nuevo en la TDT". Vertele.com (en castelán). 1 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2010.