Nerva
| Nome orixinal | (la) Marcus Cocceius Nerva Caesar Augustus |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | (la) Marcus Cocceius Nerva 8 de novembro de 30 Narni (Imperio Romano) |
| Morte | 27 de xaneiro de 98 Jardins de Salústio (Imperio Romano) |
| Causa da morte | morte natural |
| Lugar de sepultura | Mausoleo de Augusto |
| 96 – 27 de xaneiro de 98 ← Domiciano – Traxano → | |
| Senador romano | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Relixión na Roma antiga |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período de tempo | Alto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, Cinco bos emperadores e principado |
| Outro | |
| Título | Emperador romano |
| Familia | Dinastia nerva-antonina (pt) |
| Fillos | Traxano, fillo adoptivo |
| Pais | Marcus Cocceius Nerva |
| Irmáns | Cocceia |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Marcus Cocceius Nerva (8 de novembro de 30 - 27 de xaneiro de 98) foi un emperador romano.
Tralo asasinato de Domiciano, a elección como Emperador de Roma recaeu no ancián e prestixioso senador Nerva, como unha solución transitoria. O período que media entre Nerva e Marco Aurelio pode ser considerado como o da plenitude imperial: aínda que se acadou a máxima expansión territorial, viviuse unha etapa pacífica, razoabelmente próspera e de bo goberno.
Pese ao circunstancial da súa designación, Nerva amosou unhas notábeis dotes coma gobernante. Rematou coas arbitrariedades do seu antecesor, suprimindo a odiosa figura dos informadores ou delatores, que foran os instrumentos da tiranía de Domiciano para controlar e aterrar Roma. Saneou as finanzas, suprimiu o imposto persoal que gravaba aos xudeus e organizou a beneficencia publica.
Nerva outorgou ao Senado a relevancia que lle correspondía como institución dominante nos negocios públicos e para evitar que os pretorianos interviñesen no nomeamento do emperador. Conseguiu para si o recoñecemento de adoptar en vida ao seu sucesor, para que a transferencia de poder non implicase choque algún. A adopción non se facía sobre a base dos vínculos de sangue, senón atendendo aos méritos. De calquera xeito, a sucesión entendíase como un compromiso entre o emperador e o Senado, pois este debía ser escoitado sobre a idoneidade do candidato. Nerva tivo o talento de instaurar unha fórmula mixta entre monarquía e réxime senatorial, entre a concentración de poder que pedían os tempos e o papel das institucións tradicionais, que foi outro dos elementos que arranxaron a estabilidade do período que se estaba a comezar. No seu decorrer, os emperadores inspiráronse nos principios xurídicos, e non na intriga nin na conquista violenta do poder. Ademais, consideraron que a extensión do benestar era unha tarefa primordial do gobernante.

Véxase tamén
| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Domiciano |
Nerva | Precede a: Traxano |
| Dinastía dos Antoninos | ||