O nervio facial é o sétimo dos doce pares craniais. Asóciase con outro nervio, o intermediario de Wrisberg. Recolle información sensitiva do terzo anterior da lingua e leva información motora para os músculos da faciana. Tamén emite fibras cara aos ganglios do pescozo.
Ramos do facial
Ramos intracraniais
Nervio petroso maior: leva información parasimpática á glándula lacrimal.
Corda do tímpano: recolle información sensitiva para as glándulas submandibular e submaxilar e para os dous terzos anteriores da lingua.
Nervio motor para o músculo do estribo
Ramos extracraniais
Nervio auricular posterior: controla movementos os músculos da orella.
Ramo para o ventre posterior do digástrico
Ramos maiores do facial (divídense na glándula parótide):
Ramo temporal
Ramo cigomático
Ramo mandibular
Ramo bucal
Ramo cervical
Funcións do facial
Motoras: leva información motora para os músculos da faciana.
Sensitivas: recolle información gustativa do terzo anterior da lingua.
Mixta: leva información cara ás glándulas salivares.