Nihoa
| Tipo | illa | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas de Sotavento, Hawai | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Hawai | ||||
| Localizado na área protexida | Monumento Nacional Mariño de Papahānaumokuākea | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | condado de Honolulu, Estados Unidos de América | ||||
| |||||
| Bañado por | Océano Pacífico | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 1,1 ( | ||||
| Superficie | 0,7 km² | ||||
Nihoa (tamén coñecida como Bird Island ou Moku Manu) é a máis grande das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 450 km ao noroeste de Honolulú.
Características
Nihoa é unha illa rochosa rodeada de arrecifes de coral. A superficie total é de 0,7 km². A altitude máxima é de 273 metros no Miller's Peak, o máis alto das illas de Sotavento. A orografía fai que resulte difícil desembarcar na illa. O litoral leste, norte e oeste está cheo de cantís e o sur é máis suave pero sen protección entre a resaca do océano e as rocas.
Hai dúas especies endémicas de aves. Cando en 1917 descubriuse o pinzón de Nihoa os científicos pensaron que seria a última especie de ave por clasificar e chamáronlle telespyza ultima. Non foi o caso, pero o nome quedóuselle.
Nihoa foi habitada polos antigos hawaianos entre os anos 1000 e 1500. As expedicións arqueolóxicas identificaron 35 casas, 15 refuxios, 15 altares e 28 bancais agrícolas. Pero estaba deshabitada cando foi descuberta, en 1789 con poucas semanas de diferenza, por dous mercantes de peles de Alasca: os capitáns ingleses James Colnett do Prince of Wales e William Douglas da Iphigenia Nubiana.
O 1822 a raíña Ka'ahumanu visitou Niihau e explicáronlle as historias tradicionais sobre unha illa denominada Nihoa. Organizou unha expedición, visitou a illa e anexionouna ao Reino de Hawai.