Nosferatu

Nosferatu
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalNosferatu, eine Symphonie des Grauens
DirectorF. W. Murnau
ProdutorEnrico Dieckmann
Albin Grau
GuiónHenrik Galeen
Baseado enDrácula de Bram Stoker
IntérpretesMax Schreck
Gustav von Wangenheim
Greta Schröder
Alexander Granach
Ruth Landshoff
Wolfgang Heinz
MúsicaHans Erdmann
FotografíaFritz Arno Wagner
Günther Krampf
DistribuidoraFilm Arts Guild
Estrea1922
Duración94 minutos
OrixeAlemaña República de Weimar
XéneroTerror
Na rede
IMDB: tt0013442 Filmaffinity: 238028 Allocine: 2342 Rottentomatoes: m/nosferatu Allmovie: v35687 TCM: 5893 TV.com: movies/nosferatu-original-version Netlix: 70022049 Editar o valor en Wikidata

Nosferatu, eine Symphonie des Grauens, ou simplemente Nosferatu é un filme clásico do expresionismo alemán dirixido por F. W. Murnau e protagonizado por Max Schreck como o vampiro Conde Orlok. O filme, rodado en 1921 e estreado en 1922, foi unha adaptación non autorizada do Drácula de Bram Stoker, cos nomes e outros detalles cambiados porque o estudio non puido obter os dereitos da novela (o termo "vampiro" trocouse por "nosferatu" e "Conde Drácula" por "Conde Orlok").

Sinopse

Na cidade de Wisborg viven felices o xove Hutter e a súa muller Ellen, ata que o escuro axente inmobiliario Knock decide enviar a Hutter a Transilvania para pechar un negocio co conde Orlok. Trátase da venda dunha leira de Wisborg, que linda coa casa de Hutter. Durante a longa viaxe, Hutter recala nunha pousada, onde bota unha ollada a un vello tratado sobre vampiros que atopa na súa habitación. Unha vez no castelo, é recibido polo sinistro conde. Ó día seguinte, Hutter érguese con dúas pequenas marcas no pescozo, que interpreta como picaduras de tabáns. Unha vez asinado o contrato, descobre que o conde é, en realidade, un vampiro. Ó velo partir cara ó seu novo fogar, Hutter teme por Ellen.

Personaxes

  • Max Schreck como Conde Orlok
  • Gustav von Wangenheim como Thomas Hutter
  • Greta Schröder como Ellen Hutter
  • Alexander Granach como Knock
  • Georg H. Schnell como Harding
  • Ruth Landshoff como Ruth
  • John Gottowt como Profesor Bulwer
  • Gustav Botz como Profesor Sievers
  • Max Nemetz como Capitán do Empusa
  • Wolfgang Heinz como Primeiro ó mando do Empusa
  • Heinrich Witte como Garda do asilo
  • Guido Herzfeld como innkeeper
  • Karl Etlinger como estudante con Bulwer
  • Hardy von Francois como Doutor do hospital
  • Fanny Schreck como Enfermeira do hospital

En 1977, o cineasta afeccionado José Ernesto Díaz Noriega fixo unha humorística e iconoclasta sonorización de Nosferatu, titulada Manuscrito encontrado en Zarazwela ou Nos fera tu la pugnete. Utilizando unha copia da versión inglesa en S8 mm, e "observando a curiosa coincidencia da ficción que se relata no filme coa historia",[1] Díaz Noriega adaptou o argumento do vampiro aos anos da Transición española, convertendo a Arias Navarro en Dráculas Navarro, a Juan Carlos de Borbón en Jonathan Carolus (príncipe de Franconia) e a Santiago Carrillo en Jacobus Carrillus. A Transilvania orixinal convértese en Galitzia e o Pazo de Meirás no castelo do vampiro. Todos os personaxes de Murnau encontran equivalencia nos actores políticos da Transición.[2]

Notas

  1. Cuesta, Xoán; Folgar; Xosé Mª (1983, abril-maio-xuño). "José Ernesto Díaz Noriega, cineasta". Grial, Tomo XXI. Vigo: Galaxia, p. 152.
  2. Piñuel, Enrique (23 marzo 2019). "Los vampiros de la Transición". El Salto. 

Véxase tamén

Ligazóns externas