Nui
| Tipo | Atol concello de Tuvalu | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Tuvalu | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Tuvalu | ||||
| |||||
| Bañado por | Océano Pacífico | ||||
| Características | |||||
| Superficie | 3,37 km² | ||||
Nui é un dos 9 distritos (tres deles consisten en 1 illa, e 6 son atois con varias illas) do país de Oceanía, Tuvalu. Ten unha poboación de 548 persoas (censo de 2001).
Xeografía
Nui consiste en aproximadamente 21 illotes. Estes son:
- Fenua Tapu
- Meang
- Motupuakaka
- Pakantou
- Piliaieve
- Pongalei
- Talalolae
- Tokinivae
- Unimai
- E polo menos outros 12 illotes menores.
A illa máis grande, e máis ao nordés é Fenua Tapu, á cal séguenlle Meang (a máis ao oeste), Tokinivae, Pongalei, Talalolae, Pakantou, Unimai, Piliaieve e Motupuakaka. A única illa habitada é Fenua Tapu, na cal hai dúas veciñanzas.
Linguas
Os habitantes de Nui falan xilbertense, o idioma de Kiribati e tuvalés, e a lingua oficial de Tuvalu, xa que os devanceiros de Nui eran orixinarios de Kiribati.
Deporte
É a sede do equipo de fútbol homónimo, o Nui, que compite na A-Division de Tuvalu.