Omagh
| An Ómaigh (ga) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Reino Unido | |||
| País | Irlanda do Norte | |||
| Subdivisións | Fermanagh and Omagh (en) | |||
| Capital de | ||||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 65 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Prefixo telefónico | 028 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | omagh.gov.uk | |||
Omagh (An Ómaigh en irlandés: "Chaira sagrada") é unha cidade de Irlanda do Norte, que contaba, segundo estimacións de 2006, con 21.708 habitantes, 49.560 habitantes no distrito, que inclúe zonas rurais dos arredores. Omagh é a capital do condado de Tyrone e a urbe máis importante do Oeste de Irlanda do Norte.
O 15 de agosto de 1998 un atentado con coche-bomba, logo dunha alerta non abondo precisa, ocasionou 29 mortes e 220 feridos na rúa comercial de Market Street. Este atentado foi revindicado por unha rama disidente do IRA, o IRA verdadeiro, que se opuña ao acordo de paz do 10 de abril de 1998. O atentado de Omagh foi un dos máis mortíferos do conflito norteirlandés.