Oroonoko
| Oroonoko | |
|---|---|
Portada da primeira edición do libro en 1688. | |
| Título orixinal | Oroonoko |
| Autor/a | Aphra Behn |
| Orixe | Reino Unido |
| Lingua | Inglés |
| Tema(s) | escravitude |
| Xénero(s) | Novela |
| Editorial | |
| Data de pub. | |
| Formato | Tapas duras e brandas |
| Páxinas | 104 |
| ISBN | ISBN 978-84-939647-7-1 |
| Tradución | Marifé González |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Oroonoko[1] é unha novela curta da escritora británica Aphra Behn, que foi publicada en lingua inglesa en 1688. Foi traducida ao galego por Marifé González,[2] e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2012.[1]
Características
A obra, cuxo protagonista é un africano escravizado e levado a Suriname durante a década de 1660, conta unha tráxica relación amorosa que, aparentemente, foi inspirada nas viaxes que a propia autora fixo ás colonias suramericanas. Adoita afirmarse que Behn foi a primeira inglesa que se dedicou profesionalmente á composición de novelas e pezas teatrais. Oroonoko cóntase entre as máis antigas novelas da lingua inglesa, e describe ben o sistema escravista da época.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Oroonoko. Traducido por Marifé González (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-7-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Texto inglés con ortografía modernizada no fondo dixital da Universidade de Adelaida. (en inglés)
- Ficha Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na web da editorial.