Overclocking

O overclocking é unha práctica que pretende alcanzar unha maior velocidade de reloxo para un compoñente electrónico (por enriba das especificacións do fabricante).[1] A idea é conseguir un rendemento máis alto gratuitamente, ou superar as cotas actuais de rendemento, aínda que isto poida supoñer unha perda de estabilidade ou acurtar a vida útil do compoñente. Overclock' é un anglicismo de uso habitual en informática que literalmente significa 'sobre o reloxo' ' é dicir, aumentar a frecuencia de reloxo da unidade central de procesamento.
Esta práctica está moi estendida entre os usuarios de informática máis esixentes, que tratan de levar ao máximo o rendemento das súas máquinas. Algúns usuarios adoitan comprar compoñentes informáticos de baixo custo, forzándoos posteriormente e alcanzando así o rendemento esperado dos compoñentes de gama máis alta. Por outro lado, os consumidores máis fanáticos poden chegar a adquirir compoñentes de última fornada para forzar o seu funcionamento, e conseguir así probas de rendemento inalcanzables para calquera equipo de consumo. Por este motivo, a maioría dos fabricantes decide non incluír na garantía do seu hardware os danos producidos por facerlles 'overclocking'.
Hoxe en día[cando?] os fabricantes de hardware venden algúns dos seus produtos desbloqueados para permitir aos usuarios realizar 'overclock' sobre os mesmos;[2] é o caso de, por exemplo, GPU, CPU etc.
Desvantaxes
Ao incrementar a velocidade de traballo do reloxo tamén increméntase o consumo de corrente e a calor producida pode afectar a outros compoñentes.
Notas
- ↑ "Definición de Overclocking". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 07 de outubro de 2013.
- ↑ Guía de Overclocking presentada por nVidia
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Segunda Convención Nacional de OC: Overclocking Extremo por Imperio Gamer