Pacho
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Colombia | |||
| Departamentos | Cundinamarca | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 27.977 | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 403,3 km² | |||
| Altitude | 1.905 m | |||
| Creación | 25 de agosto de 1604 | |||
| Sitio web | pacho-cundinamarca.gov.co… | |||
Pacho é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia de Rionegro, da que é a súa capital. Sitúase a oitenta e oito quilómetros de Bogotá, D.C. É coñecida pola instalación da primeira industria siderúrxica de América do Sur e ademais por ser a capital laranxeira de Colombia.
Toponimia
O topónimo Pacho, en muysc cubun (lingua muisca), significa ‘pai bo’. Segundo Acosta Ortegón, palabra formada de pa, apócope de paba ‘pai’ e cho ‘bo’.
Historia

Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Pacho estivo habitado polos muiscas, cuxos Uzaques tiñan o encargo de vixiar a fronteira cos pobos inimigos. A vila orixinaria estaba asentado no sitio hoxe chamado Boca de Monte, de onde se trasladou por causa dun incendio.
A nova vila indíxena foi fundada por auto do oidor Lorencio de Terrones o 25 de agosto de 1604 no sitio de Cusata, pero foi trasladado polo oidor Gabriel de Carvajal por auto de 19 de outubro de 1638. En 1710 trasladouse novamente ó sitio de San Antonio, cara á marxe esquerda de río Rute, pero o casarío incendiouse e a colonia trasladouse máis arriba, cara ó punto hoxe chamado Barrio Nariño. O nome de Pacho foi inscrito no movemento dos comuneiros por un continxente de 400 homes organizado alí o 25 de maio de 1781 baixo o mando do capitán Javier Florido.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficialArquivado 02 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)