Pandorum
| Pandorum | |
|---|---|
| Ficha técnica | |
| Título orixinal | Pandorum |
| Director | Christian Alvart |
| Produtor | Paul W. S. Anderson Jeremy Bolt Robert Kulzer |
| Guión | Christian Alvart Travis Milloy |
| Intérpretes | Dennis Quaid Ben Foster Cam Gigandet Norman Reedus Cung Le Yangzom Brauen Alessija Lause |
| Música | Michl Britsch |
| Fotografía | Wedigo von Schultzendorff |
| Montaxe | Philipp Stahl |
| Estudio | Constantin Film Impact Pictures |
| Distribuidora | Overture Films |
| Estrea | 2009 |
| Duración | 108 minutos |
| Orixe | |
| Xénero | Ficción científica |
| Orzamento | $33 000 000[1] |
| Recadación | $20 645 327[2] |
| Na rede | |
| http://www.pandorummovie.com | |
Pandorum é un filme xermano-británico de ficción científica dirixido por Christian Alvart que se estreou no 2009. Foi producido por Robert Kulzer, Jeremy Bolt e Paul W.S. Anderson, e o guión foi escrito por Travis Milloy a partir dunha historia de Milloy e Alvart. Está protagonizado por Dennis Quaid e Ben Foster. A rodaxe comezou en Berlín en agosto de 2008. Pandorum foi estreado o 25 de setembro de 2009 nos Estados Unidos,[3] e o 2 de outubro de 2009 no Reino Unido.
Sinopse
No ano 2174, a Terra está superpoboada, as reservas de auga e comida comezan a escasear perigosamente. Por iso envíase a Elysium, unha xigantesca nave espacial para colonizar Tanis, un planeta que reúne condicións similares á Terra para albergar vida humana.
Unha viaxe de máis de cen anos no que dous integrantes da tripulación, o Tenente Payton e o Cabo Bower, espertan de repente da súa hibernación, pero sen lembrar nada do ocorrido e sen rastros de vida dos seus compañeiros. O Cabo Bower non tardará en descubrir xunto con outros superviventes durante o traxecto para reiniciar o reactor nuclear da nave, que algo monstruoso fíxose co control da nave e matou a maioría dos seus tripulantes.
Personaxes
- Dennis Quaid como Payton
- Ben Foster como Bower
- Cam Gigandet como Gallo
- Antje Traue como Nadia
- Cung Le como Manh
- Eddie Rouse como Leland
- André Hennicke como Líder dos cazadores
- Norman Reedus como Shepard
- Wotan Wilke Möhring como Pai de Bower de xove
- Niels-Bruno Schmidt como Oficial Eden
Notas
- ↑ BoxOfficeMojo
- ↑ "Pandorum". Box Office Mojo. Consultado o 20 de setembro de 2011.
- ↑ "Pandorum". ComingSoon.net. Coming Soon Media, L.P. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2009.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Web Oficial (en inglés)