Pierre Bayle
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de novembro de 1647 Carla-Bayle, Francia |
| Morte | 28 de decembro de 1706 Rotterdam, Países Baixos |
| Causa da morte | tuberculose |
| Relixión | Calvinismo e catolicismo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Escrita creativa e profesional e filosofía |
| Lugar de traballo | Rotterdam |
| Ocupación | filósofo, crítico literario, teólogo, historiador, xornalista, escritor, catedrático, lexicógrafo |
| Movemento | Escepticismo |
| Alumnos | Christopher I, Burgrave and Count of Dohna-Schlodien (en) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Pai | Jean Bayle |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бейль Пьер) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |

Pierre Bayle, nado en 1647 e finado en 1706, foi un escritor e filósofo francés.
Traxectoria
Naceu en Carla-le-Comte, preto de Pamiers (Ariège), educouno o seu pai, ministro calvinista, e logo estudou en Puylaurens e en 1669 entrou na Universidade xesuíta de Tolosa, convertido ao catolicismo, dezasete meses despois volveu ao protestantismo e fuxiu a Xenebra, para evitar a persecución debida á revogación do Edicto de Nantes por Lois XIV, alí entrou en contacto coa obra de René Descartes.
Durante anos foi titor de varias familias parisienses baixo o nome de Bèle ata que en 1675 foi nomeado profesor de filosofía na Universidade protestante de Sedan ata que en 1681 quedou suprimida. Nomeado profesor de filosofía e historia na Ecole Illustre en Rotterdam, alí publicou en 1682 Pensées diverses sur la comète de 1680 e a súa crítica do traballo de Louis Maimbourg sobre a historia do calvinismo, que lle deu unha gran reputación en medios calvinistas.
En 1684 comezou a publicación de Nouvelles de la république des lettres, unha gaceta de crítica literaria, que constituíu o primeiro intento de popularizar a literatura. O seu Dictionnaire historique et critique constituíu un precedente de L'Encyclopédie.