Pinarello
| Cicli Pinarello S.p.A. | |
|---|---|
| Tipo | Privada |
| Fundación | 1952 |
| Localización | Treviso (Italia) |
| Persoas clave | Giovanni Pinarello (fundador) |
| Industria | Bicicletas |
| Produtos | Biciletas e compoñentes |
| Beneficio | 820 millóns de $ (2007) |
| Na rede | |
| http://www.pinarello.com | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Cicli Pinarello S.p.A., máis coñecida como Pinarello é unha empresa italiana fabricante de bicicletas con sede na cidade véneta de Treviso. A empresa foi fundada en 1952 por Giovanni Pinarello e fabrica bicicletas feitas maioritariamente a man para estrada, pista ou ciclocross.

Durante moitos anos, Pinarello patrocinou durante moitos anos a varios equipos ciclistas profesionais como o Banesto ou o Telekom. Corredores como Miguel Indurain ou Jan Ullrich gañaron varias Grandes Voltas empregando bicicletas desta marca italiana.
Na actualidade, Pinarello patrocina ao equipo inglés, Team Sky. Ata o ano 2013, Pinarello tamén patrocinou ao Movistar Team. Pinarello conta cunha empresa filial, Ópera.