Premios Saturn
| Premios Saturn | |
|---|---|
| Tipo | premio cinematográfico e grupo de premios |
| Data de fundación | 1972 |
| País | Estados Unidos de América |
| Na rede | |
| http://www.saturnawards.org/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Os premios Saturn son os premios anuais que dende 1972 outurga a Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films dos Estados Unidos como recoñecemento dos mellores traballos de ficción científica, fantasía e terror en cine, televisión e vídeo.
Desenvolvemento
Os premios concebiunos Donald A. Reed en 1972 que sentía que as obras audiovisuais deses xéneros non recibían a apreciación que merecían nese tempo, como os premios Oscar, Emmy e os Grammy os gañadores resultan dunha votación da Academia, nun principio eran simples certificados de papel, a partir de 1978 comezan a ser televisados co nome de Science Fiction Film Awards e entrégase unha estatuíña que respresenta o planeta Saturno rodeado polos seus aneis transformados nunha fita de película polo que se coñecen popularmente como Golden Scroll. Aínda que mantén a preferencia polos xéneros orixinais tamén entrega galardóns a producións dramáticas sen relación con eles.