Rebaque
| Nome completo | Team Rebaque |
|---|---|
| Bandeira | |
| Baseada en | Leamington Spa, Reino Unido |
| Tempadas en activo | 2 (1977-1978) |
| Número de pilotos | |
| Debut | Gran Premio da Arxentina de 1978 |
| Carreiras | 30 |
| Campionatos de Construtores | 0 |
| Campionatos de Pilotos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas Rápidas | 0 |
| Puntos totais | 0 |
| Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1979 |
O Team Rebaque foi un equipo e construtor mexicano de Fórmula 1, con sede en Leamington Spa, Reino Unido. Participaron en 30 Grandes Premios, inicialmente con coches comprados a Team Lotus, antes de que finalmente construíra un coche propio. O Rebaque HR100 foi presentado para as tres últimas carreiras do equipo antes do peche do mesmo.
Historia
O equipo foi fundado e centrado ao redor de Héctor Rebaque, o piloto mexicano que conduciu por primeira vez na Fórmula Un en 1977 para Hesketh. Logo da súa tempada de debut foi descartado por Hesketh, e sen outro equipo disposto a contratalo, Rebaque como piloto decidiu crear o seu propio equipo.
Ao comezo da tempada 1978 Rebaque chegou a un acordo con Team Lotus para comprar o seu modelo Tipo 78 de 1977. Tiña moi pouca experiencia, só lograra cualificar para unha carreira con Hesketh, e tivo un ano difícil. Malia que logrou anotar un punto no Gran Premio de Alemaña, tamén sufriu a ignominia de verse forzado a retirarse do Gran Premio do Brasil, debido a fatíga do condutor.
Rebaque HR100
Continuou o acordo con Lotus para a tempada 1979 esta vez comprando o Lotus Tipo 79 campión do ano anterior. Durante o ano encargou a Penske construír un chasis, o Rebaque HR100.[1] O deseño do coche, de Geoff Ferris coa achega de John Barnard, estaba fortemente influenciado polo deseño do Lotus 79, e tamén incorporaba algúns elementos dos pontóns do Williams FW07. Rematouse a tempo para o Gran Premio de Italia dese ano, malia que non puido cualificarse. Para o Gran Premio do Canadá cualificou pero tivo que retirarse por problemas no chasis na volta 26, finalmente no GP dos Estados Unidos non logrou cualificar. O equipo pechouse a finais de ano. A metade da tempada de 1980 Rebaque fichou por Brabham substituíndo a Ricardo Zunino. Ata a data Rebaque segue sendo o único equipo mexicano que participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo.[2]
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Puntos | Pos. |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1978 | Lotus 78 | Ford | G | ARX | BRA | RSA | USW | MON | BEL | ESP | SWE | FRA | RU | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | 1 | n/a | |
| Héctor Rebaque | NSC | Ret | 10 | NSCP | NSCP | NSCP | Ret | 12 | NSC | Ret | 6 | Ret | 11 | NSC | Ret | NSC | ||||||
| 1979 | Lotus 79 | Ford | G | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | FRA | RU | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | 0 | NC | ||
| Héctor Rebaque | Ret | NSC | Ret | Ret | Ret | Ret | 12 | 9 | Ret | NSC | 7 | |||||||||||
| Rebaque HR100 | NSC | Ret | NSC |
Notas
- ↑ http://www.racingsportscars.com/chassis/HR100-001.html
- ↑ Diepraam, Mattijs (febreiro de 2000). "Not so speedy Gonzales". 8W. Consultado o 27-1-2007.
Véxase tamén
Bibliografía
- Héctor Alonso Rebaque - El último amateur de la F1 , Carlos Eduardo Jalife Villalon, Scuderia Hermanos Rodriguez, 2010.