ReBoot
| ReBoot | |
|---|---|
| Formato | Animación |
| Creado por | Gavin Blair John Grace Philip Mitchell Ian Pearson Susan Turner após a tentativa inicial de Ian Gibson |
| Desenvolvido por | Mainframe Entertaiment |
| Intérpretes | Animación |
| País de orixe | |
| Episodios | 48 repartidos en catro tempadas |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Jay Firestone Stephane Reichel Steve Barron |
| Duración | 23 min |
| Distribuidor | Mainframe Entertainment (1997–2001) Alliance Communications BLT Productions (1994–1995) Reboot Productions Zondag Entertainment Claster Television Limelight Productions |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | YTV |
| Primeiro episodio | 10 de setembro de 1994 |
| Derradeiro episodio | 30 de novembro de 2001 |
| Na rede | |
| http://www.reboot.com/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
ReBoot é unha serie de animación canadense producida pola compañía Mainframe Entertainment, emitida inicialmente entre os anos 1994 e 2001. En Galicia transmitiuna a TVG a finais da década de 1990.
Foi a primeira serie completamente animada por ordenador[1]. Na década de 1980 xurdiu a idea da serie, mais a tecnoloxía aínda non estaba o suficientemente desenvolvida para levalo a cabo de xeito satisfactorio. As probas de animación en 3D empezaron en 1990, acadando unha aparencia detallada no 1991. Continuou a produción de máis episodios ata que houbo un número suficiente de capítulos, emitíndose por primeira vez en 1994. Ningunha outra compañía desenvolvera ata o momento un proxecto de animación en 3D desta escala e o software utilizado era daquela unha innovación.
Enredo
A trama ten lugar no mundo interior dun sistema informático coñecido como Mainframe. Bob é o Gardián #452, responsable de manter a seguridade no sistema Mainframe, onde un virus chamado Megabyte anda a causar estragos. A moza Dot Matrix e seu irmán máis novo Enzo, que adoita meterse en sarillos, enfróntanse xunto con Dot ó malévolo Megabyte pero ás veces tamén se ven involucrados en xogos que inicia o usuario do sistema. Os xogos maniféstase como un cubo vermello caendo do "ceo", deben vencer a calquera prezo ou pola contra serán eliminados e producirase a destrución dun sector en Mainframe.
Notas
- ↑ Canal + estrena 'Reboot', el futuro de la animación por ordenador, en El País (16-4-1995). Comprobado o 31-1-2015, en castelán.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- ReBoot (Serie de TV), ficha en filmaffinity, en castelán.
- ReBoot, na IMDb, en inglés.