Robert Mugabe
Robert Gabriel Mugabe, nado o 21 de febreiro de 1924 nunha localidade a carón de Harare chamada Kutama e finado en Singapur o 6 de setembro de 2019, foi un político e militar de Zimbabwe que ocupou o cargo de Primeiro Ministro do país entre o 18 de abril de 1980 e o 31 de decembro de 1987, e o de Presidente da República de Zimbabwe dende o 31 de decembro de 1987 ata o 21 de novembro de 2017.
Traxectoria
Malia ser reelixido para o cargo en varias ocasións, a oposición ten denunciado a existencia dunha violenta represión e múltiples fraudes electorais, as mais recentes en 2002 e 2008. Moitos medios de comunicación internacionais consideran a Mugabe un ditador no sentido contemporáneo do termo, e o principal responsable da profunda crise económica e humanitaria que padece Zimbabwe, así como do masacre étnico que tivo lugar nos anos 80 sobre o pobo matabele e na que perderon a vida mais de 20.000 persoas.
En novembro de 2017 destituíu o seu vicepresidente, Emmerson Mnangagwa, que fuxiu a Suráfrica.[1][2] Pouco despois, o xeneral Constantino Chiwenga, apoiado por elementos das Forzas de Defensa de Zimbabwe e membros da facción de Mnangagwa, coñecida como Lacoste, deu un golpe. Despois de perder o apoio do ZANU-PF, Mugabe dimitiu,[3] e Mnangagwa regresou a Zimbabwe para asumir a presidencia.[4]
Notas
- ↑ "Zimbabwe's Ousted Vice President Flees After Death Threats". 8 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ "Zimbabwe's Mnangagwa promises jobs in 'new democracy'". BBC (en inglés). 22 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019..
- ↑ "Emmerson Mnangagwa: After Robert Mugabe resigns, who is the Zanu-PF politician favourite to succeed him as Zimbabwe President?" (en inglés). 21 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ "Zimbabwe's Mnangagwa promises jobs in 'new democracy'". BBC (en inglés). 22 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019..
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial do Goberno de Zimbabwe (en inglés)
- "Robert Mugabe, el tirano de 84 años que un día fue héroe". El País (en castelán). 28 de marzo de 2008.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |