Rodeiro
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
| Capital | Rodeiro | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.244 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 154,2 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Luis Camiñas Vázquez (2023–) | ||||
| Eleccións municipais en Rodeiro | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 36530 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 36047 | ||||
| Sitio web | rodeiro.gal | ||||
Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2022 tiña 2.317 habitantes. O xentilicio é rodeirao/á ou cambote/-a[1]
Topónimo
Rodeiro é un topónimo latino que se refire aos cumes circulares, como poden ser os outeiros ou as localizacións de castros.[2][3][4]
Xeografía
Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.
Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.
Poboación
| Censo total | 2700 (2015) |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 205 (7,59 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 1490 (55,18 %) |
| Maiores de 65 anos | 1005 (37,22 %) |

| Evolución da poboación de Rodeiro Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
| 7.066 | 6.978 | 8.181 | 4.797 | 3.553 | 3.143 | 3.034 | 2.931 | 2.844 | ||||||||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | ||||||||||||||||||
Historia
No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.
A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.
En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra. Fernando de Camba, señor da fortaleza de Seoane de Camba, participou na toma de Granada no 1492.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rodeiro.
-
Fonte e monumento en Rodeiro.
-
Casa en Rodeiro.
Nados en Rodeiro
- Véxase tamén: Categoría:Nados en Rodeiro.
Parroquias
Lugares de Rodeiro
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rodeiro vexa: Lugares de Rodeiro.
Notas
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 57. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Noia: Toxosoutos.
- ↑ Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |