Rotario
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 606 Brescia, Italia |
| Morte | 652 (Gregoriano) Monza, Italia |
| Rei | |
| 636 – 652 | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Longobardos |
| Relixión | Arianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | Duque |
| Cónxuxe | Gundeperga |
| Fillos | Rodoaldo |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Rotario ou Rothari, duque longobardo de Brescia, elixido rei dos longobardos de Italia polo partido ariano, sucedendo así ao seu predecesor ariano Arioaldo (636 e casa coa súa viúva católica Gundeperga).
Traxectoria
O seu reinado está marcado por de novas conquistas longobardas; Córsega foi invadida, a Toscana e a Liguria conquistadas e ocupadas, e Xénova cae no 643. Ao nordeste, apodérase por fin da fortaleza de Oderzo, que sempre rexeitara aos longobardos e bate en dúas ocasións aos bizantinos nos montes Apeninos e na aba setentrional do Monte Cimone. Morre no 652 e é enterrado en Pavia, capital longobarda.
Rotario é o primeiro rei longobardo en poñer por escrito as leis orais do seu pobo e dos seus súbditos bárbaros. Así, o 22 de novembro de 643, fai publicar en Pavia o seu famoso edicto, máis coñecido co nome de Edicto de Rothari, de inspiración xermánica.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
| Reino longobardo | ||
|---|---|---|
Segue a: Arioaldo |
Rotario | Precede a: Rodoaldo |