Sable

Sable é unha cor en heráldica que se corresponde coa cor negra.[1]
O termo sable procede da palabra alemá Zobel, utilizada para nomear á marta negra ou cibelina.
Representación
Corresponde cun negro intenso.
Cando se trata dun escudo gravado, represéntase por medio dunha trama reticular de liñas horizontais e verticais.
Significado
Este esmalte representa á prudencia, tristeza, rigor, honestidade, e obediencia, segundo diversos libros que falan do tema da heráldica.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sable.