Santiso
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia da Coruña | ||||
| Capital | Agro do Chao | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.453 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 67,45 km² | ||||
| Altitude | 385 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Fernando Suárez Cortiñas | ||||
| Eleccións municipais en Santiso | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 15808 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 15079 | ||||
| Sitio web | santiso.gal | ||||
Santiso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide.
Demografía
Segundo o IGE no 2014 tiña 1.742 habitantes (1.980 no 2009, 2.116 no 2006, 2.160 no 2005, 2.212 no 2004, 2.249 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santisés».
| Censo total 2014 | 1.742 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 100 (5.74 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 990 (56.83 %) |
| Maiores de 65 anos | 652 (37.43 %) |

| Evolución da poboación de Santiso Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
| 4.173 | 4.787 | 4.831 | 2.892 | 2.212 | 1.980 | 1.838 | ||||||||||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | ||||||||||||||||||
Xeografía
Santiso limita ao norte con Melide, ao leste con Palas de Rei (provincia de Lugo, ao sur con Agolada e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra) e ao oeste con Arzúa (provincia da Coruña).
Está bañado polo río Ulla e polo seu principal afluente, o río Furelos, ademais dos regatos de Braña, Beseña e Boente.
Economía
Destaca o sector primario. Na gandaría prima o gando vacún, e ten bastante importancia a industria forestal.
Sendeirismo
Santiso conta cunha ruta homologada, a PR-G 125 "Sendeiro de Visantoña". É circular, duns 14 km, accesible tamén para bicicleta ou a cabalo. O punto de inicio é en Visantoña.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Santiso.
-
Igrexa de Santo Estevo de Pezobrés.
-
Encoro de Portodemouros. Á dereita Loño, Vila de Cruces; á esquerda, Santiso
-
Encoro de Portodemouros. Ó fondo, Santiso
-
Detalle do cruceiro da igrexa de Vimianzo.
Parroquias
Lugares de Santiso
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santiso vexa: Lugares de Santiso.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina oficial do Concello de Santiso
- Ruta sendeirista homologada: PR-G 125 Sendeiro de Visantoña - SEGATUR
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |