Sermersooq
| Kommuneqarfik Sermersooq (kl) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Dinamarca | ||||
| País autónomo | Groenlandia | ||||
| Capital | Nuuk | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 22.480 (2016) | ||||
| Lingua oficial | Lingua groenlandesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 531.900 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 2009 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Avaaraq S. Olsen (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 3900 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | GL-SM | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Dalvíkurbyggð (pt) Gentofte (pt) Kópavogur (pt) Herlev (pt) Aalborg Municipality (en) Aalborg (1963–) | ||||
| Sitio web | sermersooq.gl | ||||

Sermersooq (en groenlandés: Kommuneqarfik Sermersooq) é un municipio situado no sur e suroeste de Groenlandia (Dinamarca), operativo dende o 1 de xaneiro de 2009. Nel atópase a capital, Nuuk (antes chamada Godthåb). Sendo o municipio máis poboado do territorio, con 21.868 habitantes para 2013, foi creado coas antigas municipalidades de Ammassalik, Ittoqqortoormiit, (leste de Groenlandia) e Ivittuut, Nuuk e Paamiut (suroeste de Groenlandia).
Xeografía
O municipio ocupa a parte sur e suroeste de Groenlandia e posúe unha superficie estimada en 635.600 km²,o que o fai o segundo municipio máis grande do territorio tras Qaasuitsup, estando no norte de Sermersooq. No extremo sur é flanqueado polo municipio de Kujalleq. As augas que flúen ó redor da costa occidental do municipio son as do Mar do Labrador, que se aproxima cara ao norte para formar o Estreito de Davis que separa a illa de Groenlandia da illa de Baffin no Canadá.

No noroeste, o municipio está bordeado polo municipio de Qeqqata, e máis ao norte polo municipio Qaasuitsup, No norte o municipio limita co Parque Nacional do nordés de Groenlandia, que non constitúe un municipio senón unha área non incorporada pertencente a Groenlandia, As costas do sueste están bordeadas polas augas do Estreito de Dinamarca, que separa a illa de Groenlandia, de Islandia.
Vilas e asentamentos
- Arsuk
- Ikkatteq
- Isortoq
- Itterajivit (Illukasiit/Kap Hope)
- Ittoqqortoormiit (Scoresbysund)
- Kangilinnguit (Grønnedal)
- Kapisillit
- Kulusuk (Kap Dan)
- Kuummiut
- Nuuk (Godthåb)
- Paamiut (Frederikshåb)
- Qeqertarsuatsiaat
- Sermiligaaq
- Tasiilaq (Ammassalik)
- Tiniteqilaaq
