Sete espadas
| Sete espadas | |
|---|---|
| Ficha técnica | |
| Título orixinal | Qi jian |
| Director | Tsui Hark |
| Produtor | Tsui Hark |
| Guión | Cheung Chi-Sing Hun Tin Naam Liang Yusheng |
| Intérpretes | Donnie Yen Leon Lai Charlie Yeung |
| Música | Kenji Kawai |
| Fotografía | Keung Kwok-Man |
| Montaxe | Angie Lam |
| Distribuidora | Mandarin Films Distribution Co. Ltd. (Hong Kong) Eng Wah Cinema (Singapur) The Weinstein Company (EUA) |
| Estrea | |
| Duración | 150 minutos |
| Orixe | |
| Xénero | Acción |
| Na rede | |
Sete espadas (en chinés: 七劍, Qi jian) é unha película de Hong Kong, dirixida por Tsui Hark no 2005, e baseada na historia d´As sete espadas da montaña Tian (Qi Jian Xia Tian Shan). O elenco está encabezado por Donnie Yen, Leon Lai, Charlie Young e Sun Honglei. É un filme de acción ambientado na China do século XVII. Estreouse en galego na TVG o 4 de setembro de 2008.[1]
Sinopse
A dinastía Ching instaurase no imperio oriental ante unha gran revolta pola súa orixe manchú. Os focos rebeldes nacionalistas e anti-manchús que aparecen, obrigaron ao goberno a prohibir as artes marciais en todo o país. Sun Honglei (Vento de fogo), un ex oficial do exército da anterior dinastía, aproveita a oportunidade para gañar poder e atacar un enclave do norte chamado Vila Marcial. Un verdugo retirado, Fu Qingzhu, únese aos habitantes da vila para combater contra a tiranía de Sun Honglei. Para iso, viaxan até o Monte do Ceo e pídenlle axuda ao Mestre da Sombra Resplandecente.
Elenco
| Actor | Personaxe |
|---|---|
| Donnie Yen | Chu Zhaonan |
| Leon Lai | Yang Yuncong |
| Liu Jialiang | Fu Qingzhu |
| Charlie Yeung | Wu Yuanying |
| Lu Yi | Han Zhibang |
| Sun Honglei | Feng Huo Lian Cheng (Vento de Lume) |
| Kim So-Yeon | Lüzhu (Perla Verde) |
| Duncan Chow | Ling Weifeng (Mu Lang) |
| Tai Li-Wu | Xin Longzi |
| Yu Chenghui | Yue Mingke (Mestre Shadow-Glow) |
Notas
- ↑ "Sete espadas na TVG". Diario Siglo XXI. 3 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2014. Consultado o 4 de setembro de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sete espadas na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)