SloMo
| «SloMo» | ||
|---|---|---|
| Sinxelo de Chanel | ||
| Lanzamento | 21 de decembro de 2021 | |
| Formato | Descarga dixital e streaming | |
| Gravada | {gravación} | |
| Xénero musical | Pop latino e reggaeton | |
| Lingua(s) | {lingua} | |
| Duración | 2:56 | |
| Discográfica | BMG Spain | |
| Produtor(es) |
| |
| Escritor(es) |
| |
| Miscelanea | {miscelanea} | |
| Canción do Festival de Eurovisión 2022 | |
|---|---|
| País | |
| Artista(s) | Chanel |
| Lingua(s) | |
| Resultados | |
| Posto na Final | Por determinar |
| Puntos na Final | Por determinar |
| Cronoloxía | |
| ◄ «Voy a quedarme» (2021) | |
| «Por determinar» (2023) ► | |
«SloMo» é unha canción da cantante española Chanel. Foi publicada o 21 de decembro de 2021 baixo o selo de BMG Spain.[1] Foi elixida para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2022 na final do Benidorm Fest 2022.[2][3]
Eurovisión 2022
O 10 de decembro de 2021 anunciouse que Chanel participaría con "SloMo" na vindeira edición inaugural do Benidorm Fest, festival de música utilizado como proceso de selección do representante español para o Festival da Canción de Eurovisión.[4] O sinxelo foi lanzado en formato de descarga dixital o 24 de decembro de 2021 e presentouse en directo durante a primeira semifinal do Benidorm Fest o 26 de xaneiro de 2022, na que Chanel obtivo a puntuación máis alta da noite tanto de xurados como de televoto.[5] Tamén obtivo o maior número de puntos na gran final do 29 de xaneiro. Deste xeito, a canción foi seleccionada para representar a España no Festival de Eurovisión 2022.[2][6] Ademais, como España é membro do "Big Five", a proposta avanzou automaticamente á final, que se celebrará o 14 de maio de 2021 no Palasport Olimpico de Turín, Italia.
Formatos
| Descarga dixital[7] | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "SloMo" | 2:56 | |||||||
Notas
- ↑ "Te presentamos a Chanel, la artista que quiere dar el salto de los musicales a Eurovisión con 'SloMo'" [Presentámosche a Chanel, a artista que quere dar o salto dos musicais a Eurovisión con 'SloMo']. LOS40 (en castelán). 21 de decembro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Chanel gana el Benidorm Fest y representará a España en Eurovisión 2022 con el tema "SloMo"" [Chanel gaña o Benidorm Fest e representará a España en Eurovisión 2022 coa canción "SloMo"]. RTVE. Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
- ↑ "‘SloMo’ consiguió hacernos bailar cuando Chanel la interpretó en la semifinal del Benidorm Fest" [‘SloMo’ conseguiu facernos bailar cando Chanel a interpretou na semifinal do Benidorm Fest]. LOS40 (en castelán). 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2022.
- ↑ Víctor López (10 de decembro de 2021). "Spain: Benidorm Fest 2022 Participants Revealed" [España: revelados os participantes do Benidorm Fest 2022] (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
- ↑ Megan Davies (26 de xaneiro de 2022). "Spain: Four Qualify from Benidorm Fest First Semi-Final" [España: os catro clasificados da primeira semifinal do Benidorm Fest] (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
- ↑ Neil Farren (29 de xaneiro de 2022). "Spain: Chanel to Eurovision 2022" [España: Chanel a Eurovisión 2022] (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022.
- ↑ "SloMo - Single de Chanel" (en castelán). iTunes. 24 de decembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Chanel gaña o Benidorm Fest con "SloMo". Así foi a súa actuación, vai a Eurovisión! en RTVE.es (en castelán)
| Predecesor: «Voy a quedarme» Blas Cantó |
España no Festival de Eurovisión 2022 |
Sucesor: Por determinar |