Sluck
| Слуцк (be) Слуцак (be-tarask) | ||||
| Epónimo | Sluch River (en) | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | Belarús | |||
| Regiões da Bielorrússia (pt) | Rexión de Minsk | |||
| District of Belarus (en) | Sluck District (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 60.056 (2024) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 24,6 km² | |||
| Altitude | 250 m-149 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 223610 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 1795 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | slutsk.gov.by… | |||
Sluck (en belaruso: Слуцк; en ruso: Слуцк; en polaco: Słuck, en lituano: Sluckas) é unha vila de Belarús situada á beira do río Sluč, a 105 km ao sur de Minsk. En 2010 a súa poboación era de 61.400 habitantes. A vila é o centro administrativo do distrito homónimo, pertencente á rexión de Minsk.
Historia
As primeiras mencións da vila datan de 1116, cando era parte do ducado de Turaŭ e Pinsk, mais en 1160 pasou a ser a capital dun ducado separado. A partir dos comezos do século XIV pasou a pertencer ao Gran Ducado de Lituania, e o seu territorio estaba controlado polas familias Olelkovich e Radziwiłł, que fixeron da vila un centro da Igrexa reformada polaca.
Logo da segunda partición de Polonia en 1793, a vila pasou a formar parte do Imperio Ruso. Foi ocupada polo Imperio Alemán en 1918 e pola Segunda República de Polonia entre 1919 e 1920 durante a guerra polaco-soviética.