Stebro
| Nome completo | Canadian Stebro Racing |
|---|---|
| Bandeira | |
| Baseada en | Canadá |
| Tempadas en activo | 1 (1963) |
| Número de pilotos | |
| Debut | Gran Premio dos Estados Unidos de 1963 |
| Carreiras | 1 |
| Campionatos de Construtores | 0 |
| Campionatos de Pilotos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas Rápidas | 0 |
| Puntos totais | 0 |
| Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1963 |
Stebro é un fabricante de sistemas de escapes de aceiro inoxidable de alto rendemento para os coches europeos. Os seus produtos desenvólvense e fabrican no Canadá e envíanse aos clientes de todo o mundo. Tamén foi un construtor de coches de Fórmula Júnior e Fórmula 1.
Historia
Stebro fundouse en 1956. Pioneiro no mercado de sistemas de escape de alto rendemento, pronto gañou unha boa reputación. Tamén demostrando o éxito da súa enxeñería de deseño 'Stebro' foi un construtor canadense de coches de carreiras de Fórmula Júnior. O equipo tamén competiu nunha carreira de Fórmula 1, o Gran Premio dos Estados Unidos de 1963, onde o seu coche terminou no sétimo lugar.
Pedro Broeker, o dono e presidente da empresa de fabricación de accesorios para automóbiles, deseñou e construíu o Stebro na súa planta de Montreal,[1] para promover a compañía no mercado canadense.[2] Un chasis Stebro de Fórmula Júnior provisto dun motor Ford 105E competiu nun Gran Premio de Fórmula 1, o Gran Premio dos Estados Unidos de 1963. O motor, que incluía unha caixa de cambios Hewland, era a única alteración, o motor Weber Ford de 1500 cc daba 110 hp (82 kW).[3] O coche foi pilotado por Broeker, que a pesar de loitar contra os máis potentes coches de Fórmula Un, terminou no sétimo lugar, completando 88 das 110 voltas.[2]
Logo de terminar a súa andaina nas carreiras, Stebro segue sendo un fabricante de sistemas de escape de alto rendemento en aceiro inoxidable para os coches europeos e americanos. Os seus produtos son desenvolvidos e fabricados na súa fábrica en Ottawa, Canadá.[4]
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Puntos | Pos. |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1963 | Stebro Mk IV (FJ) | Ford S4 | D | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | MEX | RSA | 0 | NC | |
| Peter Broeker | 7 |
Véxase tamén
Notas
- ↑ Globe and Mail, October 4, 1963, Page 43.
- ↑ 2,0 2,1 "Stebro Profile". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 2011-05-29.
- ↑ Motor Sport, November 1963, Pages 879, 881, 882.
- ↑ "Stebro - About". Stebro. Consultado o 2011-05-29.
Ligazóns externas
- F1 Rejects profileArquivado 11 de maio de 2008 en Wayback Machine.