T-35
| T-35 | |
|---|---|
| Tipo | carro de combate pesado |
| Orixe | Unión Soviética |
| En servizo | 1935 - 1941 |
| Usado por | Unión Soviética |
| Guerras | Segunda guerra mundial |
| Fabricante | KhPZ |
| Producido | 1933 - 1938 |
| Construídos | 61 |
| Peso | 50 toneladas |
| Lonxitude | 9.72 metros |
| Anchura | 3.20 metros |
| Altura | 3.43 metros |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O T-35 foi un carro de combate pesado soviético con múltiples torretas do período de estreguerras e de principios da segunda guerra mundial. Tivo unha produción moi limitada co Exército Vermello, fabricándose unicamente 61 exemplares. Foi o único carro de combate pesado con cinco torretas en acadar a fase de produción no mundo, pero demostrou ser lento e pouco fiable mecanicamente. A meirande parte dos T-35 aínda operativos durante a Operación Barbarossa perdéronse debido a fallos mecánicos en ve de pola acción do inimigo. Exteriormente era grande, pero os espazos do interior eran estreitos e cos compartimentos de combate separados, e algunhas da torretas tapaban os zapóns de acceso.