Tarsicio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 246 Roma, Italia |
| Morte | 14 de marzo de 265 Roma, Italia |
| Causa da morte | homicidio, lapidación |
| Acólito | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | Acólito |
| Período de tempo | Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 15 de agosto |
| Cronoloxía | |
| canonización | |
San Tarsicio foi un mozo que morreu martirizado mentres defendía un sagrario no seu peito, na Vía Apia de Roma en torno ao ano 267 ou 268, durante o goberno do emperador Valeriano.
É venerado como patrón dos acólitos. O Martiroloxio romano celebrábao o 15 de agosto.
Traxectoria
San Tarsicio foi un mozo convertido ao cristianismo a mediados do século III, que colaboraba como acólito da Igrexa de Roma nas catacumbas durante a persecución aos cristiáns por parte da administración do emperador Valeriano.
Despois de participar nunha Misa nas catacumbas de San Calisto foi comisionado polo bispo de Roma, Sisto II (257-258) para levar a eucaristía aos cristiáns que estaban no cárcere, prisioneiros por proclamar a súa fe en Cristo. Pola rúa atopouse cun grupo de mozos pagáns que lle preguntaron que gardaba baixo o seu manto. Tarsicio negouse a dicilo, e os outros atacárono con pedras e paus, posiblemente para roubar o que levaba. O mozo preferiu morrer antes que entregar o que el consideraba un tesouro sacro. Outros detalles máis lendarios indican que, cando estaba a ser apedreado, chegaría un soldado chamado Cuadrato, catecúmeno cristián, quen recoñeceu a Tarsicio e afastou aos atacantes. Tarsicio encomendoulle antes de morrer que levase a comuñón aos encarcerados no seu lugar.
Hoxe non existe unha identificación plena da súa sepultura, aínda que a igrexa de San Silvestre in Capite, unha basílica menor de Roma, atribúese posuír as súas reliquias.
Padroeiro
No catolicismo, san Tarsicio é o patrón dos acólitos e ministros da Eucaristía, ademais daquelas persoas que reciben a primeira comuñón.