Teberga
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Asturias | ||||
| Provincia | provincia de Asturias | ||||
| Capital | La Plaza | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.539 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 168,86 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Teberga (en) | María Amor Álvarez Ardura (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 33111 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 33072 | ||||
| Sitio web | aytoteverga.org | ||||
Teberga (en castelán: Teverga) é un concello do sur do Principado de Asturias, en España.
Limita ao norte con Miranda, Grau, Yernes y Tameza e Proaza; ao sur coa provincia de León, ao oeste con Somiedo e ao leste con Quirós e Proaza.
Antigo concello mineiro, actualmente basea a súa economía na agricultura e no emerxente turismo, sobre todo coa recente inauguración do Parque da Prehistoria en terras teverganas. Na súa accidentada xeografía destacan a pena Sobia cunhas impresionantes paredes verticais de pedra calcaria e o Camín Real del Puerto de la Mesa.
Parroquias
O concello de Teberga está dividido en 13 parroquias:
- Alesga
- Barriu
- Carrea
- La Foceiḷḷa
- La Plaza
- Parmu
- Rieḷḷu
- Santianes
- Taxa
- Torce
- Urria
- Viḷḷamayor
- Viḷḷanueva
Demografía
| Gráfica de poboación |
|---|
![]() |
Sitios de interese
Colexiata de San Pedro

Dentro de todas as obras arquitectónicas do concello, a de maior repercusión é a antiga Colexiata de San Pedro de Teberga. Foi construída antes do ano 1096, e o seu estilo pertence a unha etapa de transición entre o ramirense e o románico de Castela. Posúe un gran patio central, a cuxos lados podemos divisar a casa abacial, a igrexa parroquial, a sancristía e sobre esta a sala capitular. A fachada presenta unha torre campanario cun reloxo. A súa construción está realizada en cantería, e no seu interior gárdanse embalsamados os corpos de Pedro Analso de Miranda, Abade da Colexiata e do seu pai o Primeiro Marqués de Valdecarzana. Tamén sobresae a súa escultura cun importante conxunto de modillóns e unha fermosa decoración de capiteis.
Parque da Prehistoria
O parque da prehistoria de Teberga está situado á entrada da localidade asturiana de San Salvador de Alesga no concello de Teberga.
Este parque inaugurado o 24 de marzo de 2007 é unha representación das covas máis famosas de arte rupestre do mundo, centrado sobre todo no arco atlántico. Están representadas Altamira, Covalanas, Lascaux, Niaux, Chauvet, Tito Bustillo, Candamo, Covaciella e Llonín.
O parque posúe dúas áreas expositivas: A galería e a Cova de Cuevas. Ambas as instalacións, así como a zona de servizos, que consta de cafetería e tenda, están integradas na paisaxe natural e delas só sobresaen no relevo as entradas, quedando o resto de cada unha das instalacións baixo terra.
Este Parque da Prehistoria de Teberga, representa xunto ao Museo Jurásico de Asturias (MUJA) o expoñente dos novos museos asturianos: modernos, interactivos, dinámicos, enmarcados en paraxes rurais de gran beleza natural, con facilidade de accesos e instalacións suficientes para responderen ás necesidades dos visitantes.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio web do concello
- Federación Asturiana de Concellos Arquivado 18 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- Os osos, as covas e as minas de Teberga
