Terminator Genisys
| Terminator Genisys | |
|---|---|
Logo do filme. | |
| Ficha técnica | |
| Título orixinal | Terminator Genisys |
| Director | Alan Taylor |
| Produtor |
|
| Guión |
|
| Intérpretes |
|
| Música | Lorne Balfe |
| Fotografía | Kramer Morgenthau |
| Montaxe | Roger Barton |
| Estudio | Skydance Productions |
| Distribuidora | Paramount Pictures |
| Estrea | Berlín: 22 de xuño de 2015 |
| Duración | 126 minutos[1] |
| Orixe | |
| Xénero | Acción e aventuras |
| Orzamento | 155–158 millóns de dólares[2][3] |
| Recadación | 440,6 millóns de dólares[2] |
| Na rede | |
| http://www.terminatormovie.com/ | |
Terminator Genisys é un filme estadounidense de 2015 de acción e ciencia ficción,[4] dirixido por Alan Taylor, e escrito por Laeta Kalogridis e Patrick Lussier. O filme é o quinto da franquía Terminator, e retoma a historia básica do filme orixinal orientándoo cara a outra dirección.[5] Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, quen retoma o papel de Terminator (logo da súa ausencia en Terminator Salvation de 2009), xunto con Jason Clarke, Emilia Clarke, Jai Courtney, J. K. Simmons, Dayo Okeniyi, Matt Smith, Courtney B. Vance e Lee Byung-hun. Conta a historia de Kyle Reese, un soldado dunha guerra postapocalíptica contra Skynet, que é enviado dende o ano 2029 até 1984 para evitar a morte de Sarah Connor. Cando Kyle chega ao pasado, descobre que a liña temporal foi alterada e que Sarah foi criada por un Terminator reprogramado.
Personaxes
- Arnold Schwarzenegger como Modelo 101/T-800
- Brett Azar como o dobre de corpo do Terminator T-800
- Jason Clarke como John Connor
- Emilia Clarke como Sarah Connor
- Willa Taylor como Sarah de nena
- Jai Courtney como Kyle Reese
- Bryant Prince como Kyle de neno
- J. K. Simmons como O'Brien
- Wayne Bastrup como O'Brien de mozo
- Dayo Okeniyi como Danny Dyson
- Matt Smith (acreditado como Matthew Smith) como Alex
- Ian Etheridge como Skynet, con 10 anos.
- Nolan Gross como Skynet, con 12–14 anos.
- Seth Meriwether como Skynet, con 18 anos.
- Courtney B. Vance como Miles Dyson
- Michael Gladis como Tenente Matias
- Sandrine Holt como Detective Cheung
- Byung-Hun Lee como Policía / T-1000
Notas
- ↑ British Board of Film Classification, ed. (9 de xuño de 2015). "Terminator Genisys (12A)". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Terminator: Genisys (2015)". Box Office Mojo. Consultado o 10 de novembro de 2015.
- ↑ "2015 Film Study" (PDF). Consultado o 2 de xaneiro de 2017.
- ↑ AllMovie (ed.). "Terminator Genisys (2015) - Alan Taylor".
- ↑ "Terminator: Genisys is "not a sequel, and it's not a remake"". Den of Geek. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2020.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Terminator Genisys na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)