Tesis
| Tesis | |
|---|---|
| Ficha técnica | |
| Título orixinal | Tesis |
| Director | Alejandro Amenábar |
| Produtor | Emiliano Otegui José Luis Cuerda |
| Guión | Alejandro Amenábar |
| Intérpretes | Ana Torrent Fele Martínez Eduardo Noriega |
| Música | Alejandro Amenábar |
| Fotografía | Hans Burmann |
| Montaxe | María Elena Sainz de Rozas |
| Estudio | Las Producciones del Escorpión, S.L. Sogepaq |
| Distribuidora | Universal Pictures[1] |
| Estrea | 12 de abril de 1996 |
| Duración | 125 minutos |
| Orixe | |
| Xénero | Suspense |
| Orzamento | 721 214 € |
| Na rede | |
Tesis é o filme español dirixido por Alejandro Amenábar que se estreou no ano 1996. Está protagonizada por Ana Torrent, Fele Martínez e Eduardo Noriega. É a primeira longametraxe de Amenábar. A súa distribuidora é United Universal Pictures e CIA.S.R.C[2] e baséase no guión orixinal de Amenábar sobre un asasinato nunha universidade. Tesis estreouse na sección Panorama do Festival de Berlín e gañou o Premio do Público do Festival de Annecy.[3]
Cun notable éxito de crítica e público, o filme foi rodado mentres Amenábar aínda estaba a estudar na Universidade Complutense de Madrid.[4] Obtivo varios premios, entre eles sete Premios Goya nos que salienta os de mellor película, mellor guión orixinal e mellor director novel.[5]
Sinopse
Ángela (Ana Torrent) é unha estudante de imaxe que prepara a súa tese sobre a violencia audiovisual,[6] cara á que non pode evitar sentir certa atracción. A partir de aí, chegará a descubrir o mundo das snuff movies e ata a involucrarse nel máis do que ela desexara.
Personaxes
- Ana Torrent como Ángela Márquez
- Fele Martínez como Chema
- Eduardo Noriega como Bosco Herranz
- Xabier Elorriaga como Jorge Castro
- Miguel Picazo como Figueroa
- Nieves Herranz como Sena Márquez
- Rosa Campillo como Yolanda
- Francisco Hernández como Pai de Ángela
- Rosa Ávila como Nai de Ángela
- Teresa Castanedo como Presentadora TV
- José Miguel Caballero como Conserxe Videoteca
- Joserra Cadiñanos como Vixilante
- Julio Vélez como Encargado Tren
- Pilar Ortega como Encargada C. Vendas
- Olga Margallo como Vanessa
- José Luis Cuerda como Profesor 1º
- Emiliano Otegui como Profesor 2º
- Walter Prieto como Vixilante Tren
- Florentino Sainz como Ancián
Premios
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor película | Gañadora | |
| Mellor dirección novel | Alejandro Amenábar | Gañador |
| Mellor actriz | Ana Torrent | Candidata |
| Mellor actor revelación | Fele Martínez | Gañador |
| Mellor guión orixinal | Alejandro Amenábar | Gañador |
| Mellor dirección de produción | Carlos Bernases | Gañador |
| Mellor montaxe | Mª Elena Sainz de Rozas | Gañadora |
| Mellor son | Daniel Goldstein, Ricardo Steinberg, Afonso Pino | Gañadores |
Produción
Está rodada, en parte, na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid na que estudou Amenábar. A rodaxe tivo que facerse no mes de agosto, cando estas instalacións quedaban baleiras.
Notas
- ↑ "Film #257: Tesis". Lumiere. Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Ministerio de educación y cultura." (PDF). Consultado o 18 de maio de 2022.
- ↑ "El Correo. Peródico.". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2021. Consultado o 18 de maio de 2022.
- ↑ "Tesis (1996) - IMDB". imdb.com.
- ↑ "Tesis (Alejandro Amenábar, 1996) | Sombras de Luna". Consultado o 2021-05-21.
- ↑ "Filmoteca de Extremadura. Sinopsis e información.". 27 de maio de 2022.