Transamundo I
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VII Spoleto, Italia |
| Morte | 703 Spoleto, Italia |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque de Spoleto (663–703) |
| Cónxuxe | Gisa von Benevent |
| Fillos | Faroaldo II |
| Pai | Teodelapo |
Transamundo I ou Trasimundo I foi conde de Capua e despois Duque de Spoleto entre 663 e 703. Foi fiel seguidor de Grimoaldo I de Benevento.
Traxectoria
Transamundo axudou a Grimoaldo a usurpar o reino dos longobardos. A cambio, Grimoaldo deulle á súa filla en matrimonio e concedeulle o ducado de Spoleto tras a morte de Attón. Transamundo gobernou xunto co seu irmán Wachilapo. Sucedeuno o seu fillo Faroaldo II tras un reinado de corenta anos.
Fontes
- Paulo Diácono. Historia Langobardorum.
- Hodgkin, Thomas. Italy and Her Invaders. Volume VI.