Trofeo Hart

O Hart Memorial Trophy, orixinalmente coñecido como o Hart Trophy, é outorgado anualmente ao xogador xulgago como o máis valioso para o seu equipo na National Hockey League (NHL). O trofeo foi outorgado 90 veces a 54 xogadores diferentes desde os seus comezos en 1924. Cada ano, membros da Professional Hockey Writers' Association votan para determinar ao xogador que foi máis valioso para o seu equipo durante a liga regular.
Historia

O Hart Memorial Trophy é nomeado en honra do Canadian Dr. David Hart. Dr. Hart, quen doou o trofeo orixinal á NHL, era o pai de Cecil Hart, un antigo adestrador e General Manager dos Montreal Canadiens. O trofeo foi entregado por primeira á conclusión da tempada 1923–24 a a Frank Nighbor dos Ottawa Senators. O Hart Trophy orixinal foi retirado ao Hockey Hall of Fame en 1960, e a NHL empezou a presentar un trofeo novo, que foi bautizado comoo Hart Memorial Trofeo no seu lugar.[1] Coas excepcións de Tommy Anderson, Al Rollins e Eric Lindros, cada xogador elixible que gañou o Hart Trophy foi introducido no Hall of Fame.
Wayne Gretzky gañou o premio un total de nove veces durante a súa carreira, oito consecutivos. Foi nomeado MVP máis veces que ningún outro xogador na historia das outras tres ligas profesionais norteamericanas importantes (Major League Baseball (MLB), National Basketball Association, e National Football League). Barry Bonds é o segundo, tendo gañado o trofeo ao MVP sete veces na MLB. Gretzky e o seu compañeiro de equipo nos Edmonton Oilers Mark Messier son os únicos xogadores que gañaron o Hart Trophy con máis dun equipo.[2] Xogadores dos Montreal Canadiens gañaron o premio dezaseis veces; os xogadores dos Boston Bruins son os segundos con doce gañadores, mentres que os xogadores dos Detroit Red Wings e os Edmonton Oilers gañaron o premio nove veces. Joe Thornton converteuse no único gañador do Hart Trophy que ten cambiado de equipo durante a tempada na que gañou o trofeo (fíxoo na tempada 2005-06, tendo xogado nos Bruins e os San Jose Sharks ese ano). O defensa que máis veces gañou o trofeo é Eddie Shore, con catro. Por contraste, é raro para un porteiro gañar o premio, o cal sucedeu só sete veces na historia; o porteiro dos Buffalo Sabres Dominik Hašek é o único gañador de dous trofeos.
A votación ten lugar ao finalizar a liga regular, e nela participan membros da Professional Hockey Writers' Association (en galego Asociación dos Escritores de Hóckey Profesionais), e cada votante califica aos seus cinco primeiros candidatos mediante un sistema de 10-7-5-3-1 puntos.[3] Logo son nomeados tres finalistas e o trofeo é outorgado na cerimonia de Premios da NHL logo dos play-offs. A votación máis axustada para outorgar o Hart Trophy tivo lugar na tempada 2001-02, cando José Théodore e Jarome Iginla empataron no total de votos. O desempate para escoller ao gañador do Hart Trophy mediante o número de votos en primeiro lugar. Théodore gañouno conseguindo 86 primeiros votos por 82 de Iginla.[4]
En 2008, a tenda online oficial da NHL foi criticada despois de que colocaran un anuncio veu baixo crítica despois de que colocaron un anuncio da camiseta de Alexander Ovechkin como o gañador do premio unha semana antes de que o resultado fora revelado. Un portavoz da liga dixo "nun esforzo para ofrecer aos nosos seguidores o merchandise queren no momento oportuno que segue a un acontecemento como os Premios da NHL, os nosos licenciatarios prepara o produto para todos os resultados posibles. Nesta situación, a ligazón para un dos produtos posibles converteuse en viva cedo por un erro polo noso provedor de comercio electrónico."[5] Ovechkin foi máis tarde confirmado como gañador.
Gañadores








| C | Centro |
|---|---|
| LW | Á esquerda |
| D | Defensa |
| RW | Á dereita |
| G | Porteiro |
Xogadores que aínda están en activo na NHL. Xogadores elixibles aínda non introducidos no Hockey Hall of Fame Xogadores inactivos aínda non elixibles para o Hockey Hall of Fame
| Tempada | Gañador | Equipo | Posición | Trofeos |
|---|---|---|---|---|
| 1923–24 | Ottawa Senators | C | 1 | |
| 1924–25 | Hamilton Tigers | C | 1 | |
| 1925–26 | Montreal Maroons | C | 1 | |
| 1926–27 | Montreal Canadiens | D | 1 | |
| 1927–28 | Montreal Canadiens | C | 1 | |
| 1928–29 | New York Americans | G | 1 | |
| 1929–30 | Montreal Maroons | C | 2 | |
| 1930–31 | Montreal Canadiens | C | 2 | |
| 1931–32 | Montreal Canadiens | C | 3 | |
| 1932–33 | Boston Bruins | D | 1 | |
| 1933–34 | Montreal Canadiens | LW | 1 | |
| 1934–35 | Boston Bruins | D | 2 | |
| 1935–36 | Boston Bruins | D | 3 | |
| 1936–37 | Montreal Canadiens | D | 1 | |
| 1937–38 | Boston Bruins | D | 4 | |
| 1938–39 | Montreal Canadiens | LW | 1 | |
| 1939–40 | Detroit Red Wings | D | 1 | |
| 1940–41 | Boston Bruins | C | 1 | |
| 1941–42 | Brooklyn Americans | D | 1 | |
| 1942–43 | Boston Bruins | C | 2 | |
| 1943–44 | Toronto Maple Leafs | D | 1 | |
| 1944–45 | Montreal Canadiens | C | 1 | |
| 1945–46 | Chicago Black Hawks | C | 1 | |
| 1946–47 | Montreal Canadiens | RW | 1 | |
| 1947–48 | New York Rangers | C | 1 | |
| 1948–49 | Detroit Red Wings | C | 1 | |
| 1949–50 | New York Rangers | G | 1 | |
| 1950–51 | Boston Bruins | C | 1 | |
| 1951–52 | Detroit Red Wings | RW | 1 | |
| 1952–53 | Detroit Red Wings | RW | 2 | |
| 1953–54 | Chicago Black Hawks | G | 1 | |
| 1954–55 | Toronto Maple Leafs | C | 1 | |
| 1955–56 | Montreal Canadiens | C | 1 | |
| 1956–57 | Detroit Red Wings | RW | 3 | |
| 1957–58 | Detroit Red Wings | RW | 4 | |
| 1958–59 | New York Rangers | RW | 1 | |
| 1959–60 | Detroit Red Wings | RW | 5 | |
| 1960–61 | Montreal Canadiens | RW | 1 | |
| 1961–62 | Montreal Canadiens | G | 1 | |
| 1962–63 | Detroit Red Wings | RW | 6 | |
| 1963–64 | Montreal Canadiens | C | 2 | |
| 1964–65 | Chicago Black Hawks | LW | 1 | |
| 1965–66 | Chicago Black Hawks | LW | 2 | |
| 1966–67 | Chicago Black Hawks | C | 1 | |
| 1967–68 | Chicago Black Hawks | C | 2 | |
| 1968–69 | Boston Bruins | C | 1 | |
| 1969–70 | Boston Bruins | D | 1 | |
| 1970–71 | Boston Bruins | D | 2 | |
| 1971–72 | Boston Bruins | D | 3 | |
| 1972–73 | Philadelphia Flyers | C | 1 | |
| 1973–74 | Boston Bruins | C | 2 | |
| 1974–75 | Philadelphia Flyers | C | 2 | |
| 1975–76 | Philadelphia Flyers | C | 3 | |
| 1976–77 | Montreal Canadiens | RW | 1 | |
| 1977–78 | Montreal Canadiens | RW | 2 | |
| 1978–79 | New York Islanders | C | 1 | |
| 1979–80 | Edmonton Oilers | C | 1 | |
| 1980–81 | Edmonton Oilers | C | 2 | |
| 1981–82 | Edmonton Oilers | C | 3 | |
| 1982–83 | Edmonton Oilers | C | 4 | |
| 1983–84 | Edmonton Oilers | C | 5 | |
| 1984–85 | Edmonton Oilers | C | 6 | |
| 1985–86 | Edmonton Oilers | C | 7 | |
| 1986–87 | Edmonton Oilers | C | 8 | |
| 1987–88 | Pittsburgh Penguins | C | 1 | |
| 1988–89 | Los Angeles Kings | C | 9 | |
| 1989–90 | Edmonton Oilers | C | 1 | |
| 1990–91 | St. Louis Blues | RW | 1 | |
| 1991–92 | New York Rangers | C | 2 | |
| 1992–93 | Pittsburgh Penguins | C | 2 | |
| 1993–94 | Detroit Red Wings | C | 1 | |
| 1994–95 | Philadelphia Flyers | C | 1 | |
| 1995–96 | Pittsburgh Penguins | C | 3 | |
| 1996–97 | Buffalo Sabres | G | 1 | |
| 1997–98 | Buffalo Sabres | G | 2 | |
| 1998–99 | Pittsburgh Penguins | RW | 1 | |
| 1999–2000 | St. Louis Blues | D | 1 | |
| 2000–01 | Colorado Avalanche | C | 1 | |
| 2001–02 | Montreal Canadiens | G | 1 | |
| 2002–03 | Colorado Avalanche | C | 1 | |
| 2003–04 | Tampa Bay Lightning | RW | 1 | |
| 2004–05[nota 1] | ||||
| 2005–06 | Boston Bruins/San Jose Sharks | C | 1 | |
| 2006–07 | Pittsburgh Penguins | C | 1 | |
| 2007–08 | Washington Capitals | LW | 1 | |
| 2008–09 | Washington Capitals | LW | 2 | |
| 2009–10 | Vancouver Canucks | C | 1 | |
| 2010–11 | Anaheim Ducks | RW | 1 | |
| 2011–12 | Pittsburgh Penguins | C | 1 | |
| 2012–13 | Washington Capitals | RW | 3 | |
| 2013–14 | Pittsburgh Penguins | C | 2 | |
| 2014–15 | Montreal Canadiens | G | 1 |
Notas
- ↑ O trofeo non foi entregado na tempada 2004-2005 a causa do lockout.
- Referencias
- ↑ Hollander & Bock 1970, p. 311.
- ↑ National Hockey League (ed.). "99 Reasons Why Wayne Gretzky is "The Great One"" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Dolezar, Jon (20 de abril de 2003). Sports Illustrated, ed. "Foppa shows the most Hart" (en inglés). Archived from the original on 05 de decembro de 2007. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ National Hockey League (ed.). "2014 NHL Awards. Hart Memorial Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ The Sports Network, ed. (6 de xuño de 2008). "Did NHL Shop Reveal Ovechkin as Hart Winner?" (en inglés). Archived from the original on 01 de xullo de 2008. Consultado o 17 de maio de 2015.
Véxase tamén
Bibliografía
- Hollander, Zander; Bock, Hal (1970). Prentice-Hall Inc., ed. The Complete Encyclopedia of Ice Hockey (en inglés). ISBN 0-13-159905-4.
Ligazóns externas
- National Hockey League (ed.). "Hart Memorial Trophy - 2014 NHL Awards" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 17 de maio de 2015.
- Hockey Hall of Fame (ed.). "Legends of Hockey - NHL Trophies - Hart Memorial Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 17 de maio de 2015.
- Hockey Reference (ed.). "NHL Hart Memorial Trophy Winners" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 17 de maio de 2015.