Tumblr
| Tumblr | |
|---|---|
| Tipo | blog software, sitio web, rede social, sociedade e comunidade en liña |
| Data de fundación | febreiro de 2007 |
| Fundador(es) | David Karp e Marco Arment |
| Director/a | David Karp |
| Organización matriz | Automattic |
| Sede | Nova York |
| País | Estados Unidos de América |
| Na rede | |
| https://tumblr.com | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Tumblr é unha plataforma de microblogging que permite aos seus usuarios publicar textos, imaxes, vídeos, ligazóns, citas ou son.

Os usuarios poden "seguir" a outros usuarios e ver as entradas destes xunto coas súas propias. Debido a isto, Tumblr tamén pode ser considerado unha ferramenta social. Foi creada no ano 2007 por David Karp.
Boa parte do seu éxito débese á facilidade de uso e personalización do servizo. Con todo, desde 2014, o site experimentou un descenso significativo nas interaccións diarias dos usuarios.