VJ
Denomínase videojockey ou VJ ao creador que xera sesións visuais mesturando en directo vídeo con música ou outro tipo de acción. Por extensión, o acto denomínase "veejing" ou "veejaying".
A súa orixe remóntase aos clubs de baile da década de 1980, nos que o videojockey mesturaba os seus loops de vídeo (vídeos en bucle) ao ritmo da música que daba o DJ. Nos seus inicios, a forma de facelo era mediante a utilización de reprodutores de VHS, mesas de edición broadcast e grandes proxectores de vídeo. Coa aparición e xeneralización da informática portátil, este movemento transformouse e estendeuse debido ao abaratamento e redución de tamaño dos elementos necesarios, empregándose ordenadores portátiles, cámaras dixitais e pequenos proxectores de vídeo.
Actualmente[cando?] traspasou o seu marco nativo, puramente lúdico e underground, e o campo de actuación dun VJ non se limita só a clubs, estendéndose a concertos, publicidade, eventos públicos, presentacións, televisión etc.
Metodoloxía
O proceso creativo do VJ comeza coa produción do material de vídeo que logo se ha proxectar. A mesma produción de vídeo é un campo moi aberto, no que se incorporan novas técnicas cada pouco tempo, aínda que podemos definir dous grandes métodos de produción de vídeo:
- Síntese de vídeo dixital.
Entendemos síntese visual aquel método que comeza coa creación de vídeo desde cero mediante software, como por exemplo, animacións.
- Gravación de vídeo dixital.
O método de gravación consiste na rodaxe de planos que posteriormente se recortan e procesan mediante filtros para obter loops de vídeo.
- Edición dixital
Procesado do material rodado ou sampleado que se caracteriza por crear un loop de vídeo cun ritmo por repetición. No proceso adóitase postproducir o material alterando cores, niveis de luz etc, a fin de conseguir unha maior expresividade.
Equipo

Hardware
Como artista, ao igual que un pintor ou escultor, un VJ utiliza diferentes ferramentas para crear unha sesión visual, sendo o equipamento:
- Fontes de vídeo
- Ordenadores portátiles dotados de programas especializados e desde os que se lanzan as composicións de vídeo.
- Cámaras de vídeo dixital coas que incluír o que ocorre en directo con composicións de vídeo vía mesa de mesturas.
- Reprodutores de DVD.
- Dispositivos de control
- Dispositivos MIDI utilizados para controlar de forma máis directa o software, sexan os efectos que se aplican aos vídeos, variar a velocidade de reprodución, disparar loops etcétera.
- Mesa de mesturas (VideoMixer) de vídeo para poder mixturar os vídeos disparados por máis dunha fonte.
Paralelamente, a infraestrutura mínima necesaria para expoñer este tipo de arte consta de pantallas de vídeo e proxectores de vídeo ou pantallas de plasma, de LEDs...
Software
O software utilizado polos VJs difire en función da plataforma informática que se empregue, aínda que a un nivel funcional todos ofrecen as mesmas capacidades básicas. Estas son: selección de loops de vídeo, creación de "patterns" (grupos de loops), control de velocidade e transparencia, a aplicación de efectos de vídeo, así como a capacidade de mestura multicapa (mesturar varios loops simultaneamente desde o ordenador).
Coa aparición de programas como Resolume (para plataforma Windows), Modul8 (para MacOSX) e MotionDive (para ambas plataformas), a cultura VJ experimentou un grande avance ao dotarse dunha ferramenta deseñada ex profeso para este tipo de arte, sendo o iniciador de todos estes Arkaos, que creou NuVj como controlador.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- - Comunidad de vj´s de argentina - YoVj
- - Comunidad de vj´s en España - VjSpain Arquivado 09 de novembro de 2011 en Wayback Machine.
- Cultura VJ