Vaik
| Վայք (hy) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Armenia | ||||
| Marz | Provincia de Vayots Dzor | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 22 (1897) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 3 km² | ||||
| Medición | 1,5 ( | ||||
| Bañado por | Río Arpa | ||||
| Altitude | 1.300 m | ||||
| Creación | 1828 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 3801 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | vayk.am | ||||
Vaik (en armenio, Վայք) é unha cidade de Armenia no marz de Vaiots Dzor.
Xeografía
Situado a 139 km de Iereván, Vaik está rodeada por montañas tanto polo norte como polo sur, a cidade esténdese por 1,5 km na marxe dereita do río Arpa. Aproximadamente a 1 km ao leste da cidade encóntrase a antiga ponte, construída no século XVII e reconstruída en 1827 por suxestión de Iván Paskévich.
Historia
Baixo a dominación turca a cidade era coñecida como Soylan (arm. Սոյլան). Entre 1956 e 1990 foi bautizada como Azizbekov na honra do líder revolucionario soviético Meshadi Azizbekov. Despois da caída da Unión Soviética, a vila converteuse nunha cidade cun novo nome, Vaik. No 1897 a poboación dos asentamentos era de 22 persoas. Segundo o censo de 2001 ascendía a 6 024 persoas. En 2009 Vaik tiña 5 900 habitantes.
Galería de Imaxes
-
Igrexa de San Tirídates
-
O río Arpa no seu paso por Vaik.
