Varices
| Varices | |
|---|---|
Pernas con veas varicosas | |
| Sinónimos | Veas varicosas, varicosidade, hedras, flebectasia |
| Especialidade | Anxioloxía, cirurxía vascular |
| Síntomas | Veas avultadas, dor nas pernas, sensación de pesadez, edema dos nocellos |
| Complicacións | Úlceras venosas, sangrado, tromboflebite |
| Duración | Crónica |
| Tipos | Varices primarias, varices secundarias |
| Causas | Mala circulación, presión venosa aumentada, fallo das válvulas venosas |
| Factores de risco | Obesidade, embarazo, idade avanzada, permanecer de pé prolongadamente |
| Diagnóstico | Exame físico, ultrasonografía Doppler |
| Condicións semellantes | Trombose venosa profunda, insuficiencia venosa crónica |
| Prevención | Exercicio regular, manter un peso adecuado, evitar estar de pé por períodos prolongados |
| Tratamento | Medias de compresión, escleroterapia, cirurxía |
| Prognose | Xeralmente manéxase ben con tratamentos apropiados |
| Frecuencia | Común, especialmente en mulleres maiores |
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. | |
A variz, ou varices en plural son unha condición na que as veas da zona das pernas se fan máis grandes. Trátase dunha doenza, non só dunha condición estética, e pode crear proído intenso e problemas dolorosos.
Nomes
As varices tamén se chaman flebectasia e veas varicosas, e popularmente hedras.[1]
Epidemioloxía
As varices son moi comúns, afectando a preto do 30% das persoas nalgún momento da súa vida.[2] Son máis comúns coa idade avanzada.[3] As mulleres desenvolven varices aproximadamente o dobre que os homes.
Tratamento
As varices foron descritas ao longo da historia e foron tratadas con cirurxía desde polo menos o ano 400.[4]
Notas
- ↑ "variz". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ Baram, Aram; Rashid, Dezhin Faeq; Saqat, Bashar Hana (2022-08). "Non-randomized comparative study of three methods for great saphenous vein ablation associated with mini-phlebectomy; 48 months clinical and sonographic outcome". Annals of Medicine and Surgery (en inglés) 80. ISSN 2049-0801. PMC 9283499. PMID 35846854. doi:10.1016/j.amsu.2022.104036.
- ↑ "Varicose Veins". medlineplus.gov. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ Gloviczki, Peter (2008-12-26). Handbook of Venous Disorders : Guidelines of the American Venous Forum Third Edition (en inglés). CRC Press. ISBN 978-1-4441-0968-9.
Véxase tamén
- Edema
- Embarazo
- Exercicio cardiovascular
- Obesidade
- Saúde cardiovascular
- Sedentarismo
----
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
