Willis Tower
| Willis Tower | |
|---|---|
Willis Tower | |
| Edificio | |
| Tipo | Rañaceos, edificio de oficinas e atracción turística |
| Estilo | Estilo Internacional |
| Custo | 150 millóns de USD |
| Localización | Chicago, Illinois, |
| Coordenadas | 41°52′43″N 87°38′09″O / 41.878611, -87.635833 |
| Construción | |
| Inicio | Agosto de 1970 |
| Remate | Maio de 1973 |
| Dimensións | |
| Altura | 527 m |
| Altura da azotea | 442 m |
| Altura da última planta | 413 m |
| Equipo | |
| Arquitecto(s) | Bruce Graham |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Willis Tower (coñecida antigamente como Sears Tower) é un rañaceos situado na intersección entre a Admas Street e a Rúa Wacker Oeste da cidade de Chicago, Illinois nos Estados Unidos. A súa altura é de 442 metros, pero acada 527 metros contando coa antena.
No momento da súa inauguración, foi o rañaceos máis alto do mundo, ata a construción das Torres Petronas en 1998. É tamén o segundo rañaceos máis alto de América do Norte, só superado polo One World Trade Center de Nova York.