Xiaomi
| Xiaomi Inc. | |
|---|---|
| Tipo | Privada |
| Fundación | 6 de abril de 2010 (14 anos) |
| Localización | Haidian, Pequín, China |
| Fundador | Lei Jun |
| Industria | Electrónica de consumo, Hardware |
| Produtos | Teléfonos móbiles Teléfonos intelixentes Taboleiros Dispositivos domésticos |
| Na rede | |
| https://www.mi.com/, http://www.xiaomi.com/ e https://www.mi.com/tr | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Xiaomi Inc. (en chinés: 小米科技, pinyin: Xiǎomĭ Kējì, literalmente "paínzo tecnoloxía") é unha empresa chinesa adicada ao deseño, desenvolvemento e venda de teléfonos intelixentes, apps e outros produtos electrónicos, que unicamente vende por Internet. Foi fundada polo empresario Lei Jun o 6 de abril de 2010. Desde o lanzamento do seu primeiro teléfono intelixente en agosto de 2011, Xiaomi gañou unha importante cota de mercado na China e ampliou a súa liña de produtos a outros dispositivos electrónicos.
En 2013, a empresa conseguiu converter un dos seus modelos, o Xiaomi Mi2S, no móbil máis popular da China, por diante do Galaxy S4 de Samsung e do iPhone 5 de Apple, segundo os datos da consultora especializada Antutu, cun produto competitivo e máis barato que os seus competidores.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)