Yahoo!
| Yahoo! | |
|---|---|
| Tipo | portal de Internet e servizo web |
| Data de fundación | xaneiro de 1994 |
| Fundador(es) | David Filo e Jerry Yang |
| Eventos/Actividades | Yahoo! data breaches, 2012 Yahoo! Voices hack, Yahoo 2013 data breach e Yahoo 2014 data breach |
| Premios | Silver Anvil Award |
| Sede | Sunnyvale |
| País | Estados Unidos de América |
| Na rede | |
| https://yahoo.com/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Yahoo! é unha empresa estadounidense de servizos de Internet que ten como obxectivo ser "o servizo de Internet global máis esencial para consumidores e negocios". Conta cun portal web, un directorio web e outros servizos, incluíndo o popular Yahoo! Mail. Foi fundado por David Filo e Jerry Yang, formados na Universidade Stanford, en xaneiro de 1994 e incorporado o día 2 de marzo de 1995. A sede da empresa fica en Sunnyvale (California).