Zaque

Zaque era o título de nobreza dado polos muiscas ós gobernantes da parte norte da Confederación muisca, no Altiplano Cundiboyacense, e a súa sede de goberno era a cidade de Hunza, hoxe Tunja. Cando Gonzalo Jiménez de Quesada chegou á rexión, Quemuenchatocha era o zaque reinante.
O Zaque era considerado descendente de Sué (o Sol), mentres que o Zipa (gobernante da parte sur), era considerado descendente da deusa Chía (a Lúa). O Zaque tiña autoridade absoluta sobre o goberno do Zacazgo.[1]
Zaques de Hunza
| Gobernantes muisca de Hunza (zaques) | ||||
|---|---|---|---|---|
| Imaxe | Nome | Comezo | Remate | Detalles |
| Hunzahúa | ? | 1470 | Fundou a cidade de Hunza, hoxe Tunja | |
| Michuá | 1470 | 1490 | Morreu na batalla de Chocontá | |
| Quemuenchatocha | 1490 | 1537 | Gobernaba cando os españois chegaron a Colombia | |
| Aquiminzaque | 1537 | 1539 | Derradeiro gobernante muisca do norte | |
Notas
- ↑ Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII



