Adrano
| Adranu (scn) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Italia | ||||
| Rexión con estatuto especial | Sicilia | ||||
| Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Catania | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 33.899 (2023) | ||||
| Lingua oficial | lingua italiana | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 83,22 km² | ||||
| Altitude | 560 m | ||||
| Comparte fronteira con | Biancavilla (pt) Belpasso (pt) Castiglione di Sicilia Maletto Nicolosi Zafferana Etnea Regalbuto (pt) Sant'Alfio (pt) Bronte (pt) Centuripe (pt) Randazzo | ||||
| Santo padrón | Nicolò Politi (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 95031 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 095 | ||||
| Identificador ISTAT | 087006 | ||||
| Código catastral italiano | A056 | ||||
| Sitio web | comune.adrano.ct.it | ||||

Adrano (en siciliano: Adranu) é unha comuna da provincia de Catania, Sicilia, Italia. Ata 1929 chamada Aderno. Situada na aba do Etna, nas beiras do río Simeto a 584 metros sobre o nivel do mar. 34 290 habitantes.
Historia
As abas do Etna estiveron habitadas dende o neolítico inferior, contra o século X a.C. comezan a se establecer colonias sículas, que comezan a decaer no século V a.c., a chegada dos gregos data do 400 a.C. cando Dionisio I de Siracusa, funda unha cidade preto do templo dedicado ao deus grego do lume, Hadrano para reforzar a hexemonía de Siracusa na zona. No 344 a. C. ten lugar a batalla de Adranon entre os Timoleonte de Corinto e Iceta de Leontinoi. A cidade foi sometida ao dominio romano no 263 a.C..
No 950 os árabes dominan a cidade durante a que se converte nunha poderosa cidade comercial, no 1075 os normandos fanse co control da cidade.
Dende o século XIV pertence a Matteo Sclafani e despois á familia Moncada ata a abolición dos dereitos feudais.
En 1693 a cidade sofre un gran terromoto que mata a moitos dos seus habitantes. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi bombardeada polos aliados.
Arquitectura
Il Castello, castelo normando fundado por Roxerio I
Chiesa Madre, de feitura normanda, cruz latina e tres naves construída entre o XVI e o XX.
Mosteiro de Santa Lucía, fundado en 1596, hoxe escola pública
Igrexa de Santa Lucía reconstruída en 1775