ALBA
| ALBA | |
|---|---|
| Tipo | organización internacional |
| Data de fundación | abril de 2005 |
| Sede | Caracas |
| País | Venezuela |
| Na rede | |
| https://www.albatcp.org/ e http://www.portalalba.org/index.php | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |

A Alianza Bolivariana para os Pobos da Nosa América - Tratado de Comercio dos Pobos ou ALBA-TCP (en ocasións denominada extraoficialmente Alianza Bolivariana para as Américas, pero mais comunmente coñecida como simplemente ALBA), é unha organización internacional de ámbito rexional, enfocada para os países de América Latina e o Caribe que pon énfase na loita contra a pobreza e a exclusión social con base en doutrinas de esquerda.
Concrétase nun proxecto de colaboración e complementación política, social e económica entre países de América Latina e o Caribe, promovida inicialmente por Cuba e Venezuela como contrapartida do ALCA (Área de Libre Comercio das Américas), impulsada por Estados Unidos.
Membros
Son membros actuais (2023) Antiga e Barbuda, Bolivia, Cuba, Dominica, Granada, Nicaragua, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Saint Kitts e Nevis e Venezuela.
Honduras retirouse, Ecuador tamén se retirou criticando ademais UNASUR e pedindo que se lle devolvese a sede en Quito,[1] e Bolivia tamén se retirou uns meses, reincorporándose despois da presidencia de Jeanine Áñez.[2]
Caribe
América Central
América do Sur
Invitados especiais
Antigos membros
Notas
- ↑ "Ecuador cuestiona a la Unasur y pide le sea devuelta la sede en Quito.". (en castelán)
- ↑ "Gobierno de facto de Bolivia se retira del ALBA y cesa al 80 % de los embajadores". RT en Español (en castelán). Consultado o 2023-02-11.