All Apologies
| "All Apologies" | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| sinxelo de Nirvana | |||||
| do álbum 'In Utero' | |||||
| Lanzamento | decembro de 1993 | ||||
| Formato | {formato} | ||||
| Gravada | febreiro de 1993 | ||||
| Xénero musical | grunge, rock alternativo | ||||
| Lingua(s) | {lingua} | ||||
| Duración | 3:50 | ||||
| Discográfica | DGC Records | ||||
| Produtor(es) | Steve Albini | ||||
| Escritor(es) | Kurt Cobain | ||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Miscelanea | {miscelanea} | ||||
"All Apologies" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editada como segundo sinxelo (como dobre cara-A xunto con "Rape Me") do seu terceiro álbum, In Utero. "All Apologies" foi o terceiro número 1 de Nirvana na lista Modern Rock e acadou o posto 32 na lista británica de sinxelos. Kurt Cobain dedicou a canción á súa muller Courtney Love e á súa filla Frances Bean Cobain.
Listaxe de cancións
Todos os temas compostos por Kurt Cobain.
- "All Apologies" - 3:50
- "Rape Me" - 2:49
- "Moist Vagina" - 3:34
Algunhas versións do sinxelo listan "Moist Vagina" como "MV".